Filmes de Irlanda propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Irlanda presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2007. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] Malia que Irlanda ten unha próspera industria cinematográfica, a maioría dos filmes son producidos en inglés e polo tanto non poden ser elixidos para o premio. Até o ano 2024, presentáronse once filmes irlandeses ó Óscar ó mellor filme internacional, e un deles, An Cailín Ciúin foi nomeado na 95ª edición dos Óscar. A Academia Irlandesa de Cinema e Televisión (IFTA polas súas siglas en inglés) é a encargada de presentar os candidatos de Irlanda.[4]
Propostas
editarA Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Irlanda para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2007 (80ª) |
Kings | Irlandés, inglés | Tommy Collins | Non nomeado |
2011 (84ª) |
As If I Am Not There[6] | Serbocroata | Juanita Wilson | Non nomeado |
2014 (87ª) |
An Bronntanas[7] | Irlandés | Tommy Collins | Non nomeado |
2015 (88ª) |
Viva[4] | Castelán | Paddy Breathnach | Lista curta de decembro[8]
|
2017 (90ª) |
Song of Granite[9] | Irlandés | Pat Collins | Non nomeado |
2019 (92ª) |
Gaza[10] | Árabe | Garry Keane e Andrew McConnell | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Arracht[11] | Irlandés | Tomás Ó Súilleabháin | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Foscadh[12] | Irlandés | Seán Breathnach | Non nomeado |
2022 (95ª) |
An Cailín Ciúin[13] | Irlandés | Colm Bairéad | Nomeado[14]
|
2023 (96ª) |
In the Shadow of Beirut[15] | Árabe | Garry Keane e Stephen Gerard Kelly | Non nomeado |
2024 (97ª) |
Kneecap[16] | Irlandés e inglés | Rich Peppiatt | Lista curta de decembro
|
Notas
editar- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 Ritman, Alex (17 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Ireland Selects 'Viva' For Foreign-Language Category". Consultado o 17 de setembro de 2015.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ oscars.org (ed.). "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2011.
- ↑ Derry Journal (ed.). "Derry director's film singled out for Oscars". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2014.
- ↑ Oscars, ed. (17 de decembro de 2015). "9 Foreign Language Films Advance In Oscar Race". Consultado o 18 de decembro de 2015.
- ↑ Clarke, Stewart (8 de setembro de 2017). Variety, ed. "'Song of Granite' Is Ireland's Entry in the Foreign-Language Oscar Race". Consultado o 8 de setembro de 2017.
- ↑ Quann, Jack (4 de outubro de 2019). Newstalk, ed. "Ireland to submit 'Gaza' documentary for foreign language Oscar". Consultado o 4 de outubro de 2019.
- ↑ Ramachandran, Naman (24 de novembro de 2020). "Ireland Picks 'Arracht' for Oscars' International Feature Film Race". Variety. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Irish-language drama makes its bid for Oscars glory". RTE. 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021.
- ↑ Ramachandran, Naman (2 de agosto de 2022). "Oscars Race: Ireland Submits ‘The Quiet Girl’ for Best International Feature Film". Variety. Consultado o 2 de agosto de 2022.
- ↑ "Oscars 2023: Record 14 Irish nominations as The Banshees of Inisherin and An Cailín Ciúin lead charge". The Irish Times. 24 de xaneiro de 2023.
- ↑ Frater, Patrick; Barraclough, Leo; Shafer, Ellise; Keslassy, Elsa; Hopewell, John; Ramachandran, Naman; Vivarelli, Nick; Yossman, K. J.; Fuente, Anna Marie de la (6 de outubro de 2023). "International Oscar Race: Hillary and Chelsea Clinton-Produced Doc ‘In the Shadow of Beirut’ to Represent Ireland". Variety. Consultado o 27 de novembro de 2023.
- ↑ Goodfellow, Melanie (2024-08-02). "Oscars: Ireland Submits ‘Kneecap’ For 2025 Best International Feature Film Category". Deadline (en inglés). Consultado o 2024-08-05.