Festa do chourizo ao viño de Ponte
festa gastronómica en Ponte, Silleda
A Festa do chourizo ao viño de Ponte é unha festa gastronómica que se celebra na parroquia silledense de Ponte a finais do mes de setembro, coincidindo coas festas patronais na honra de San Miguel e a Virxe do Carme.
Cun menú formado por chourizos cocidos en viño e cachelos, pan, queixo con marmelo, café e bebida, esta festa tivo lugar por primeira vez polas festas de Ponte no ano 2010 e sendo ben acollida polos centos de persoas que xa asistiron nas distintas edicións. O lugar de celebración é o campo da festa de Ponte, coñecido tradicionalmente como campo do san Verísimo.