Festa da empanada da Bandeira
A festa da empanada da Bandeira é unha festa gastronómica celebrada a terceira fin de semana de agosto desde 1974[1] na carballeira da Pomba, na vila da Bandeira (Silleda). Está declarada Festa de interese turístico de Galicia desde o ano 1999.
Festa da empanada da Bandeira | |
---|---|
Festa da empanada 2009. | |
Tipo | festa gastronómica |
Data de fundación | 1974 |
En | A Bandeira |
País | Galicia |
Na rede | |
http://festadaempanada.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarCelébrase un concurso con dúas categorías: para particulares e para restaurantes. Un experto xurado proba todas elas para elixir as mellores, valorando non só o sabor senón tamén a presentación. Despois, as empanadas gañadoras póxanse publicamente entre o público asistente á cita gastronómica, chegando a pagarse por unha empanada 2400 €, récord igualado no ano 2022.
Xunto co concurso, a festa da empanada conta cun pregón e unha comida e cea popular amenizadas con charangas, grupos tradicionais e orquestras. Ademais das empanadas e outros manxares, son moi significativos os festivais da empanada: o Esmorga Folk (terceiro venres de agosto) e o Festival Bandeirock (terceiro xoves de agosto).
Notas
editar- ↑ "A empanada da Bandeira". Bandeira.