Fernando Sebastián
Fernando Sebastián Aguilar, nado o 14 de decembro de 1929 en Calatayud (provincia de Zaragoza) e finado o 24 de xaneiro de 2019 en Málaga, foi un relixioso católico latino, cardeal da Igrexa católica, bispo de León entre 1979 e 1988, e arcebispo de Pamplona e Tudela entre 1993 e 2007.
Traxectoria
editarFernando Sebastián naceu o 14 de decembro de 1929 en Calatayud, na diocese de Tarazona. En 1945 entrou na congregación dos claretianos en Vic, e fixo a profesión o 8 de setembro de 1946. Posteriormente estudou Filosofía e Teoloxía nos seminarios da congregación en Solsona e Valls.
O 28 de xuño de 1953 foi ordenado sacerdote dos Misioneiros Fillos do Inmaculado Corazón de María (claretianos).
En 1957 doutorouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino coa tese "Maternitatis Divinae diversa ratio apud Didacum Alvarez et Franciscum Suarez".
O 22 de agosto de 1979 foi nomeado bispo de León. Recibiu a consagración episcopal o 29 de setembro de 1979 de mans do arcebispo de Madrid, Vicente Enrique y Tarancón.
O 8 de abril de 1988 o papa nomeouno arcebispo coadxutor de Granada. O 26 de marzo de 1993 foi trasladado á arquidiocese de Pamplona e Tudela, sé na que permaneceu até se retirar o 31 de xullo de 2007, á idade de 77 anos.
No consistorio do 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Sant’Angela Merici.
Finou o 24 de xaneiro de 2019 en Málaga.[1]
Obra
editarLibros
editar- La vida de perfección en la Iglesia. 1962.
- Secularización y Vida religiosa. 1964.
- Vida consagrada. 1965.
- Comentarios al Decreto conciliar Perfectae Caritatis. 1967.
- Antropología y Teología de la fe cristiana. 1971.
- Nueva Evangelización. 1989.
- Escritos sobre la Iglesia y sobre el hombre. 1991.
- La conciencia cristiana ante el terrorismo de ETA. 1998.
- La Verdad del Evangelio: Cartas a los españoles perplejos en materia de cristianismo. 2001.
- Sembrando la Palabra. 2008.
- Evangelizar. 2010.
- La fe que nos salva. 2012.
- María, madre de Jesús y Madre nuestra. 2013.
Notas
editar- ↑ "Fallece el cardenal Fernando Sebastián". InfoCatólica.com. 24 de xaneiro de 2019. Consultado o 25/01/2019.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Sebastián Aguilar, Fernando (2016). Memorias con esperanza (en castelán). Ediciones Encuentro. ISBN 9788490551424.
Ligazóns externas
editar- Conferencia Episcopal Española (ed.). "Fernando, CMF Sebastián Aguilar - Biografía de los Obispos".
- Arquidiocese de Pamplona e Tudela (ed.). "Mons. Fernando Sebastián Aguilar (1993-2007)".
- Diocese de Málaga (ed.). "Biografía del cardenal Mons. Fernando Sebastián".
- Oficina de Prensa da Santa Sé (ed.). "SEBASTIÁN AGUILAR Card. Fernando, C.M.F.".
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Luis María de Larrea |
Bispo de León 1979 - 1983 |
Sucesor: Juan Ángel Belda |
Predecesor: José María Cirarda |
Arcebispo de Pamplona e Tudela 1993 - 2007 |
Sucesor: Francisco Pérez González |