Fernando Mosquera Martínez
mestre e político galego
Fernando Mosquera Martínez, nado o 4 de decembro de 1921 e finado o 23 de agosto de 2006,[1] foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1921 ![]() Galicia, España ![]() |
Morte | 23 de agosto de 2006 ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
1967 – 1971 ← Casimiro Fernández Otero – Benito Rivas Fondevila → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Familia | |
Irmáns | Evaristo Mosquera Martínez ![]() |
Traxectoria
editarIrmán de Evaristo Mosquera Martínez. Exerceu como mestre nas parroquias de Orazo (A Estrada), Siador e Silleda, ambas en Silleda. Foi nomeado alcalde de Silleda en 1967 e permaneceu no cargo ata 1971. Baixo o seu mandato, unha das rúas da capital municipal tomou o nome rúa Cartaxena, xa que nesta localidade murciana existía unha rúa co nome de Silleda.
Predecesor: Casimiro Fernández Otero |
Alcalde de Silleda 1967 - 1971 |
Sucesor: Benito Rivas Fondevila |
Vida persoal
editarCasou con María Marina Tobío Fondevila e foi pai de Marina e María Fernanda Mosquera Tobío.
Notas
editar- ↑ "Fallece Fernando Mosquera Martínez, que fue alcalde silledense entre los años 1967 y 1971". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de agosto de 2006.