Benito Rivas Fondevila
mestre e político galego
Benito Rivas Fondevila, nado en Siador en 1910 e finado en Silleda o 18 de novembro de 1973, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 ![]() Siador, España ![]() |
Morte | 18 de novembro de 1973 ![]() Silleda, España ![]() |
![]() | |
1971 – 18 de novembro de 1973 (finado no cargo) ← Fernando Mosquera Martínez – Alfonso Trabazo Lorenzo → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Familia | |
Pai | Benito Rivas Rodríguez ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Benito Rivas Rodríguez, que fora secretario do Xulgado de Silleda, foi mestre e estivo afiliado a Falange. O 9 de abril de 1948, no asalto á súa casa de Siador, resultou ferido o guerrilleiro Miguel Nicolás Esperante, que faleceu inmediatamente. Foi presidente da Hermandad de Labradores de Silleda.[1] Concelleiro de Silleda, foi nomeado alcalde en febreiro de 1971.[2] Foi presidente da Cooperativa Hoxe. Finou en Silleda o 18 de novembro de 1973.[3]
Recoñecementos
editarFoi condecorado como cabaleiro da Orde de Cisneros e da Gran Cruz do Mérito Agrícola. Unha praza da vila de Silleda leva o seu nome.
Notas
editar
Predecesor: Fernando Mosquera Martínez |
Alcalde de Silleda 1971 - 1973 |
Sucesor: Alfonso Trabazo |