Fernando Gómez-Reino
Fernando Gómez-Reino Lecoq, nado na Coruña o 21 de decembro de 1955, é un exnadador galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1955 ![]() A Coruña, España ![]() | ||||||||||||||||
Altura | 180 cm ![]() | ||||||||||||||||
Peso | 100 kg ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | nadador ![]() | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | ||||||||||||||||
Deporte | natación ![]() | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 ![]() |
Traxectoria
editarComezou destacando dende novo no Club Natación A Coruña e no Club do Mar, batendo varios récords de Galicia, e conseguiu unha bolsa para prepararse na Residencia Blume de Barcelona.[1] En 1975 entrou na selección española de natación, dentro do equipo de remudas, disputando ese mesmo ano o Campionato Mundial de Natación en Cali.[2] En marzo de 1976 bateu os récords de España de 4x100m libres e 4x200m libres.[3]
Foi seleccionado pola Federación Española para participar nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, onde competiu na proba de 4x200m libres xunto a David López-Zubero, Jesús Fuentes e Santiago Esteva. Realizaron un tempo de 7:49.22, quedando cuartos na súa serie, na que só se clasificaban os tres primeiros equipos.[4]
Trala súa retirada traballou como adestrador, destacando a súa labor no Club Natació Palma.[5]
Notas
editar- ↑ "Gómez Reino fichó por el C.N. Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de marzo de 1975. p. 47.
- ↑ "La Selección Española acudirá a los mundiales de Cali". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 1975. p. 40.
- ↑ "Batidos cinco records nacionales de relevos". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de marzo de 1976. p. 33.
- ↑ "4x200 m libres en Montreal 1976". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "El coruñés Fernando Gómez Reino podría ser el nuevo entrenador de natación del Náutico de Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de novembro de 1986. p. 46.