Extremo Oriente ruso
O Extremo Oriente ruso (en ruso: Дальний Восток России) refírese á parte rusa do Extremo Oriente, é dicir, aos territorios de Rusia entre Siberia e o océano Pacífico. O Distrito Federal do Extremo Oriente que abrangue esta área non debe ser confundido co Distrito Federal de Siberia, que non se estende até o Pacífico. Na época socialista era coñecido como o Extremo Oriente soviético.
Tipo | entidade territorial xeográfica humana ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Extremo Oriente Asia do Norte ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Rusia ![]() | |||
| ||||
Aínda que tradicionalmente considérase parte de Siberia, o Extremo Oriente ruso clasifícase separado de Siberia nos esquemas rexionais rusos e na URSS.
En Rusia, a rexión adoita ser denominada simplemente «Extremo Oriente», o que implica unha posíbel confusión co significado internacional de Extremo Oriente na tradución. Esta última é normalmente referida en Rusia como a Rexión Asia-Pacífico (Азиатско-тихоокеанский регион, abreviado como АТР) ou "Asia oriental" (Восточная Азия).
Demografía
editarSegundo o censo ruso de 2002, o Distrito Federal do Extremo Oriente tiña 6 692 865 habitantes, a maioría nas zonas do sur. Tendo en conta a extensión do distrito, dita poboación tradúcese en pouco máis dunha persoa por quilómetro cadrado, o que converte a rexión nunha das menos densamente poboadas no mundo. A poboación do Extremo Oriente ruso sufriu un rápido declive desde a disolución da URSS.
O 75% da poboación é urbana. En 2002, as cidades máis poboadas eran:
- Vladivostok (594 701)
- Khabárovsk (583 072)
- Komsomolsk-na-Amure (281 035)
- Blagoveshchensk (219 221)
Grupos étnicos tradicionais
editarOs grupos demográficos orixinais do Extremo Oriente ruso inclúen (agrupados por grupo lingüístico):
Accidentes xeográficos
editar- Volcán Kliuchevskói, un estratovolcán basáltico preto da costa leste da península de Kamchatka
- A fosa das Kuriles, unha das depresións máis fondas do planeta, cuns 10 542 m de profundidade máxima.
Lecturas recomendadas
editar- Stephan, John J. (1996). The Russian Far East: A History. Stanford: Stanford University Press. ISBN 0-8047-2701-5.
Ligazóns externas
editar- Reunión de fronteiras: Siberia, Alaska e o Oeste americano Arquivado 31 de agosto de 2015 en Wayback Machine. (inclúe material sobre o Extremo Oriente soviético)
- Дальневосточный федеральный округ en WGEO