Pobo chukchi
Os chukchis[4] (en ruso: чукчи (plural) e чукча (singular) son un pobo, de tradición nómade, nativo de Siberia (Rusia). Son cazadores de renos e viven en tendas de pel de reno, que son ben vedadas para reter a calor. Habitan na Península Chukchi e no litoral do Mar de Chukchi e Mar de Bering, no océano Ártico. As súas orixes veñen dos habitantes da área do Mar de Okhotsk.
Pobo chukchi | |
---|---|
![]() Familia chukchi e o seu can siberiano, a comezos do século XX. | |
Poboación | |
Poboación total: 15 938 (censo de 2002) | |
Rexións principais: | |
![]() | 15 908[1] |
![]() | 30[2] |
![]() | 11[3] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Chukchi, ruso |
Relixión | Xamanismo e ortodoxia rusa |
Nome
editarA denominación chukchi é unha adaptación ao ruso da palabra chauchu, do Chukoto, "ricos en renos". Os chukchis chámanse a si mesmos /ɬəɣʔorawətɬʔat/ (singular /ɬəɣʔorawətɬʔan/), "o pobo verdadeiro".
Grupos
editarHai dous grupos de chukchis: Os da tundra ou do interior, que son os chavchu (criadores de renos); os do litoral, que son os ankalyn. O conxunto dos dous grupos é denominado lygoravetlyan ou luorawetlan.
Notas
editar- ↑ "Официальный сайт Всероссийской переписи населения 2010 года. Информационные материалы об окончательных итогах Всероссийской переписи населения 2010 года". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2020. Consultado o 09 de agosto de 2017.
- ↑ State statistics committee of Ukraine – National composition of population, 2001 census (Ukrainian)
- ↑ RL0428: Rahvastik rahvuse, soo ja elukoha järgi, 31. detsember 2011
- ↑ Definición de chukchi no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo chukchi |