Equipo Unificado
Equipo Unificado foi o nome empregado polos equipos deportivos das antigas repúblicas da Unión Soviética (excepto os Países bálticos) nos Xogos Olímpicos de inverno de 1992 en Albertville e nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona. O nome oficial en francés foi Équipe Unifiée.
Historia
editarDurante os Xogos Olímpicos de Inverno empregouse a bandeira olímpica na cerimonia de apertura e nas cerimonias de entrega de medallas, e soaba o himno olímpico cando un deportista do Equipo Unificado conseguía unha medalla de ouro. Isto repetiuse nos Xogos Olímpicos de Verán excepto cos deportistas individuais, que pese a que competían co mesmo uniforme, izábase a bandeira do seu país de orixe se gañaban unha medalla e soaba o himno cando acadaban o ouro.
O equipo estivo formado por atletas de todas as ex Repúblicas Soviéticas exceptuando os estados bálticos:
País | Código COI (1994–) | Xogos de Inverno | Xogos de Verán |
---|---|---|---|
Armenia | ARM | X | X |
Azerbaidján | AZE | X | |
Belarús | BLR | X | X |
Xeorxia | GEO | X | |
Kazakhstán | KAZ | X | X |
Kirguizistán | KGZ | X | |
Moldova | MDA | X | |
Rusia | RUS | X | X |
Tadjiikistán | TJK | X | |
Turkmenistán | TKM | X | |
Ucraína | UKR | X | X |
Uzbekistán | UZB | X | X |
Equipo Unificado en Albertville
editarMedallas
editarXogos | Total | |||
Albertville 1992 | 9 | 6 | 8 | 23 |
Total | 9 | 6 | 8 | 23 |
Equipo Unificado en Barcelona
editarMedallas
editarXogos | Total | |||
Barcelona 1992 | 45 | 38 | 29 | 112 |
Total | 45 | 38 | 29 | 112 |
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |