Portal:Xogos Olímpicos
Artigo destacado
Os XXV Xogos Olímpicos foron realizados en Barcelona, Cataluña, terra natal do presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992 coa participación de todos os países filiados ao COI, 169 estados, por primeira vez dende os Xogos de Múnic en 1972.
Dende os Xogos anteriores, en 1988, o mundo testemuñou importantes mudanzas políticas. O Apartheid foi abolido en Suráfrica, o que permitiu o retorno deste país aos Xogos, despois de 32 anos de ausencia. Coa caída do Muro de Berlín en 1989, Alemaña volveu a participar como un só estado, así como Iemen. A URSS foi dividida en quince países independentes após o colapso do comunismo que participaron baixo unha soa bandeira, a CEI, Comunidade dos Estados Independentes. As repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania, so dominio soviético dende a II Guerra Mundial, participaron baixo a súa propia bandeira como nacións independentes, a primeira vez dende 1936. Imaxe destacada
Categorías
Biografía destacada
Nadia Elena Comăneci, nada en Oneşti o 12 de novembro de 1961, é unha ximnasta romanesa retirada, que competiu na disciplina de ximnasia artística e segue a ser considerada un ídolo mundial deportivo, sendo considerada unha das grandes atletas de todos os tempos.
Durante a súa carreira gañou nove medallas olímpicas, cinco delas de ouro, e foi a primeira ximnasta en conseguir un 10 -execución perfecta- en ximnasia artística nuns Xogos Olímpicos, amais de conseguir catro medallas mundiais e doce europeas. Xunto coa rusa Svetlana Khorkina, Nadia é posuidora do tricampionato do individual xeral continental. Entre os recoñecementos persoais cos que conta salientar a dobre Orde Olímpica, sendo cando lle foi entregada a primeira a atleta máis nova en conseguir tal distinción; foi elixida como unha das cen mulleres máis importantes do século XX; figura, desde 1993, no International Gymnastics Hall of Fame, no cal foi a segunda inserida dende a súa inauguración; foi elixida polo líder comunista romanés, Nicolae Ceauşescu, como unha heroína do traballo socialista, sendo a máis nova en conseguilo; tamén foi elixida, en Romanía, como a atleta máis importante do país, nunha votación realizada no ano 2006; en 2007, foi escollida polo público como a celebridade máis confiable da nación; foi elixida como a mellor atleta do século XX polo xornal portugués Mundo Desportivo, e recibiu da World Records Academy, o título de recordista mundial na súa modalidade. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|