Eparquía católica ucraína de Wrocław-Koszalin
A eparquía de Wrocław-Koszalin (en latín: Dioecesis Vratislaviensis-Coslinensis) é unha sé da Igrexa católica ucraína sufragánea da arquieparquía de Przemyśl-Varsovia. En 2010 tiña 25.000 bautizados. O seu ordinario dende 1999 é o bispo Włodzimierz Roman Juszczak.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Polonia ![]() | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | lingua ucraína ![]() | ||||
Relixión | catolicismo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1996 ![]() | ||||
Catedral | Church of St. Vincent (en) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | cerkiew.net.pl ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
Territorio
editarA eparquía abrangue a Polonia occidental e central, con xurisdición sobre os fieis da Igrexa católica ucraína.
A sé eparquial é a cidade de Wrocław, onde está a catedral dos Santos Vicente e Xacobe.
O territorio está organizado en 7 decanatos e en 39 parroquias.
Historia
editarA eparquía de Wrocław-Gdańsk foi erixida o 1 de xuño de 1996 coa bula Ecclesia catholica do papa Xoán Paulo II, en territorios da arquieparquía de Przemyśl-Varsovia. O 25 de novembro de 2020 cedeu territorio para a creación da eparquía de Olsztyn–Gdańsk e foi renomeada como eparquía de Wrocław-Koszalin.
Episcopoloxio
editar- Teodor Majkowicz (1 de xuño de 1996 - 9 de maio de 1998, finado)
- Włodzimierz Roman Juszczak (24 de abril de 1999 - actualidade)