Wrocław
Wrocław (en alemán Breslau, en checo Vratislav, en latín Wratislavia ou Vratislavia) é a capital do Voivodia da Baixa Silesia no suroeste da Polonia, está situada ás beiras do río Oder (en polaco Odra). Despois de Varsovia, Wrocław é o segundo maior centro financeiro da Polonia. No ano 2004, a cidade tiña unha poboación estimada de 633.700 habitantes.
Epónimo | Vratislau I de Bohemia ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Voivodatos | Baixa Silesia ![]() | ||||
Capital de | Duchy of Wroclaw (en) ![]() Wrocław Voivodeship (en) ![]() Condado de Wrocław (pt) ![]() Silesia Breslau Government Region (en) ![]() Baixa Silesia (1945–) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 672.929 (2021) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 293 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Oder, Ślęza (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 111 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Comuna de Wisznia Mała (pt) ![]() Comuna de Kobierzyce (pt) ![]() Comuna de Miękinia (pt) ![]() Comuna de Oborniki Śląskie (pt) ![]() Comuna de Kąty Wrocławskie (pt) ![]() Comuna de Czernica (pt) ![]() Comuna de Długołęka (pt) ![]() Gmina Siechnice (en) ![]() ![]() | ||||
Creación | século X ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Wroclaw (en) ![]() ![]() | Jacek Sutryk (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 50-041 e 50-325 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 71 ![]() | ||||
Código NUTS | PL514 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Lviv (2003–) ![]() | ||||
Sitio web | wroclaw.pl ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Etimoloxía
editarO primeiro rexistro da cidade data do ano 1000, aparecendo na crónica de Thietmar, na que se menciona o establecemento dunha nova diocese por Johannes Wrotizlaensis, bispo de Wrotizla, (Wortizlawa). No primeiro selo municipal aparece o nome de: Sigillum civitatis Wracislavie, simplificándose e dando lugar en 1175 a Wrezlawe, o cal evolucionou a Prezla, Bresla(u=w).
Historia
editarEdad Media
Situada no antigo lugar de comercio e de cruzamento do río Oder, xunto ó cal o Rei de Bohemia Wratislaw erixiu un castelo no século X, dándolle o primeiro nome ó asentamento "Vratislavia" ou "Wratislaw", o lugar foi conquistado máis tarde polo Rei de Polonia, Mieszko I, na última década dese mesmo século. En 1138 converteuse na capital do ducado independente de Silesia baixo a dinastía Piast. Durante a invasión dos mongois en 1241 o asentamento foi saqueado e incendiado, fuxindo a maior parte da súa poboación ou refuxiándose no castelo, que non puido ser tomado por falta de tempo.
A partir de entón o pobo foi citado en varios documentos baixo os nomes de Bresslau, Presslau, Breslau e Wratislaw.
Brelavia foi, como toda Silesia, obxecto dunha intensa colonización alemá na Idade Media, sobre todo trala súa destrución polos mongois en 1241. Por iso a cidade entón refundada e os seus monumentos arquitectónicos teñen un claro sinal xermano. En 1262 a Lei Magdeburgo empezouse a aplicar na cidade refundada. A primeira ilustración da cidade apareceu na Crónica de Nuremburgo en 1493.
A dinastía Piast era unha rama independente da casa reinante en Polonia, que tiña numerosos vínculos familiares e culturais co imperio xermánico. Debido á baixa densidade de poboación en Silesia e ós escasos asentamentos humanos, esta dinastía propiciou e fomentou o asentamento de colonos alemáns.
Predecesor: Mons Plzeň |
Capital Europea da cultura xunto con Donostia 2016 |
Sucesor: Aarhus Paphos |