El Eco de Bergantiños
periódico de Carballo (1909)
El Eco de Bergantiños foi un periódico editado en Carballo en 1909.
El Eco de Bergantiños | |
---|---|
Fundación | 10 de febreiro de 1909 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Carballo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu o 10 de febreiro de 1909. Fundado e dirixido por Gervasio Varela Varela. Periódico decenal (aparecía os días 10, 20 e 30 de cada mes), editábase na propia imprenta do director. Eduardo S. Serrano era o director literario e principal redactor (asinando moitas veces con pseudónimos) e entre os seus colaboradores figuraron Guillermo Díaz e Hernán Sáez (que tamén asinaron con pseudónimos). Publicaba crónicas ou novas de carácter xeral e tiña seccións de agricultura, traballos en torno á historia de Carballo e á súa comarca e "Album poético" ou "Hojarasca" de poesía. Cesou a súa publicación co número 16, o 20 de xullo dese mesmo ano.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Eco de Bergantiños, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Barreiro, X. Ramón, "Un desconocido periódico de Carballo". La Voz de Galicia, 30-5-1992, p. 99.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.