Eduardo Serrano Serrano
xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Eduardo S. Serrano»)
Eduardo Serrano Serrano, finado na Coruña o 5 de outubro de 1937,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 5 de outubro de 1937 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
Traxectoria
editarFillo do coronel Julián Serrano e de Timotea Serrano. Funcionario da Granja Agrícola, vivía na Coruña. Foi director literario e principal redactor do periódico El Eco de Bergantiños e redactor de El Ideal Gallego. É autor da humorada Sin artistas (1909) e de varios apropósitos de antroido como "Juicio de faltas" (1919) que satirizaban a vida municipal coruñesa. Finou na Coruña aos setenta anos.
Vida persoal
editarCasou na Coruña con Enriqueta Puch Rey en decembro de 1906.[2]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 6-10-1937, p. 5.
- ↑ La Voz de Galicia, 29-12-1906, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Un desconocido periódico de Carballo", X. Ramón Barreiro. La Voz de Galicia, 30-5-1992, p. 99.