Douglas Vidal

futbolista venezolano

José Ángel Vidal Douglas, coñecido como Douglas Vidal, nado en Ciudad Bolívar o 15 de xaneiro de 1928, é un exfutbolista venezolano. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección venezolana.

Modelo:BiografíaDouglas Vidal
Nome orixinalJosé Ángel Vidal Douglas
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1928 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Ciudad Guayana, Venezuela (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Familia
FillosJuan José Vidal Noya Editar o valor en Wikidata

É o pai do exfutbolista e empresario Juan José "Cheché" Vidal.

Traxectoria

editar

Comezou a xogar ao fútbol no colexio salesiano da súa cidade natal, Ciudad Bolívar. Na década de 1940 trasladouse a Caracas, onde militou no equipo do Liceo Fermín Toro.[1] Alí viuno xogar o italiano Vittorio Godigna, técnico do Dos Caminos Sport Club, que o levou para o seu club. Xogou un só partido co equipo que militaba en Terceira, anotando tres goles, e subiu inmediatamente ao primeiro equipo, co que se proclamou campión da Primeira División en 1945 e 1949.

En 1950 fichou polo Loyola, co que acadou tres subcampionatos de liga. Máis tarde pasou polo Deportivo Vasco, Estudiantes e o Deportivo Celta, reconvertido logo en Deportivo Galicia, onde coincidiu cos seus cuñados Luís e Rodolfo Noya.[2]

Despois de retirarse do fútbol foi directivo do Valencia FC, que presidía o seu cuñado Rodolfo, presidente da Liga Maior, , e vicepresidente e finalmente presidente da Federación Venezolana de Fútbol.[1]

Selección nacional

editar

Coa selección venezolana participou en dúas edicións dos Xogos Bolivarianos en 1951 e 1961, nos Xogos Centroamericanos e do Caribe de 1958 e nos Xogos Panamericanos de 1955.[1]

Foi o primeiro futbolista en marcar un gol no Estadio Olímpico da Universidade Central de Venezuela. Foi o 5 de decembro de 1951, na vitoria por 4-1 contra Panamá.[3]

Vida persoal

editar

Casou en Caracas coa galega Violeta Noya Domínguez, filla do futbolista, sindicalista e xornalista da Guarda Xoán Noya.[4] Coñeceuna nun partido do Loyola, onde Douglas era compañeiro do irmán dela, Rodolfo Naya.[1] O seu fillo Cheché Vidal foi tamén futbolista e internacional coa selección venezolana.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Jose Angel Vidal Douglas , la gacela guayanesa" (en castelán). 16 de novembro de 2018. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  2. "Chao, nuevo entrenador del Lar Gallego de Caracas". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 1959. p. 5. 
  3. Douglas Vidal anotó el primer gol vinotinto - futbolvision.com.ve
  4. "Enlace Noya Domínguez-Vidal Douglas en Venezuela". La Noche (en castelán). 29 de xuño de 1956. p. 7. Consultado o 14 de abril de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar