Cheché Vidal
Juan José Vidal Noya, coñecido como Cheché Vidal, nado en Vigo o 29 de maio de 1959, é un exfutbolista, enxeñeiro mecánico e empresario venezolano, de orixe galega.
Nome orixinal | Juan José Vidal Noya | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 29 de maio de 1959 ![]() Venezuela ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Kentucky ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensas | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1980 | Xogos Olímpicos de 1980 ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | José Ángel Vidal Douglas ![]() |
É neto do xornalista e futbolista galego Xoán Noya e fillo do exfutbolista internacional Douglas Vidal.
Traxectoria
editarOrixes
editarNaceu nunha familia vencellada ao fútbol polas dúas ramas. Por parte paterna é fillo do futbolista internacional con Venezuela Douglas Vidal, mentres que súa nai Violeta era filla de Xoán Noya, que fora futbolista en Galicia, e irmá de Luis Noya e Rodolfo Noya, tamén futbolistas.
Como futbolista
editarXogaba de lateral dereito e triunfou no Deportivo Italia, na Primeira División de Venezuela, sendo elixido Mellor Futbolista de Venezuela en 1979 e Mellor Deportista de Venezuela ao ano seguinte. Entre 1981 e 1983 xogou no equipo da Universidade de Boston, onde estaba estudando. Foi elixido no terceiro mellor equipo dos Estados Unidos en 1981, e mellor xogador do equipo e da Greater Boston League.[1] Perdeu a tempada 1982 por unha lesión de xeonllo, e tras a súa volta non conseguiu recuperar o seu nivel.[2] Con todo, foi elixido mellor xogador universitario do país en 1983. En 1997 foi incluído no Salón da Fama da Universidade de Boston.[2]
Selección nacional
editarCoa selección de Venezuela obtivo a medalla de prata nos Xogos Centroamericanos e do Caribe de Medellín de 1978. Formou parte da selección na Copa América de 1979, e competiu nos Xogos Olímpicos de Moscova de 1980. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Centroamericanos e do Caribe da Habana en 1983.
Carreira tecnolóxica
editarLicenciado co título de enxeñeiro na Universidade de Boston, foi vicepresidente de tecnoloxía e membro do Comité de Dirección do Comité Organizador da Copa Mundial de Fútbol de 1994 nos Estados Unidos. Ao final do Mundial, creou e desenvolveu o sitio web FIFA.com, recoñecido historicamente como o primeiro portal oficial dunha federación deportiva en Internet.[3] Para iso, fundou a súa propia empresa nos Ánxeles, California. Ademais de FIFA.com, creou os servizos en liña da Conmebol, CONCACAF, CAF, USSF, e varias outras federacións de fútbol, e tamén as de clubs como o Manchester United e o FC Barcelona, e de grandes eventos deportivos mundiais como os Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, o Mundial de Francia 1998, o Mundial de Rugby 1999 ou a Eurocopa 1996.[4]
Notas
editar- ↑ "All-America Awards". nscaa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2006. Consultado o 14 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "Hall of Fame". goterriers.com (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2021.
- ↑ "FIFA goes on-line on the Internet". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 14 de abril de 2021.
- ↑ "Currículum de Cheché Vidal". fair-competition.org (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Cheché Vidal: Pionero cibernético - El Universal.
- Perfil en Transfermarkt.