Daniel Castro García
Daniel Castro García, nado en Ribadeo o 6 de xaneiro de 1996[1], é un político galego do Bloque Nacionalista Galego.
![]() (2020) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1996 ![]() Ribadeo, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Estudos
editarFillo de Vicente Castro Reigosa, concelleiro do BNG en Ribadeo, cursou os estudos de primaria no C.P. Gregorio Sanz, pasando logo ó IES Porta da Auga e ó acabado de formar IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, onde rematou o bacharel en 2014. Fixo o grao en linguas estranxeiras na Universidade de Vigo, rematando en 2018. A continuación comezou a estudar Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
editarMilitou en Galiza Nova dende os 19 anos, formando parte da súa dirección nacional en 2018, ano no que tamén comezou a formar parte do Consello Comarcal do BNG. No 2019 pasou ó Consello Nacional.
Nas Eleccións xerais de España de 2019, en ambas as convocatorias (abril e novembro) ocupou o 4º lugar na lista do BNG por Lugo. Nas eleccións autonómicas de 2020 foi o número 2 da candidatura do BNG pola provincia de Lugo e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia, sendo o máis novo da súa historia, nun grupo de cinco deputados do BNG que son os máis novos da cámara.[2][3]
En 2023 preséntase como cabeza de lista por Lugo ó congreso.[4]
Notas
editar- ↑ "Daniel Castro Garcia". www.facebook.com. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "O ribadense Daniel Castro, o deputado máis novo da historia do Hórreo". El Progreso de Lugo. 2020-07-14. Consultado o 2020-07-19.
- ↑ "Conta de Twitter de Daniel Castro". Twitter. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "Néstor Rego, Daniel Castro, Noa Presas e Carme da Silva encabezan as listas do BNG ao Congreso". Praza Pública. 2023-06-16. Consultado o 2023-06-17.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarGalería de imaxes
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Castro García |