CEIP Gregorio Sanz
O colexio público Gregorio Sanz é un centro de educación primaria de Ribadeo. Inaugurado no 1973 baixo a dirección de Antonio Martínez López, dende 1994[1], por iniciativa da alcaldía e votación en pleno,[2] debe o seu nome ó mestre e pedagogo Gregorio Sanz.
CEIP Gregorio Sanz | |
---|---|
Enderezo | |
Avda. Luarca s/n, Ribadeo | |
Datas | |
Creación | 1973 |
Educación | |
Ensinanzas | Primaria |
Xestión | |
Xunta de Galicia | |
Director | Lourdes Marqués Espina |
Xefe de estudos | Mª José Gayoso Río |
Secretario | Miryam González Rodríguez |
Na rede | |
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgregoriosanz/ |
Características
editarNel o alumnado pode cursar dende educación preescolar ata o 6º curso de educación primaria. En 2005 e cursos sucesivos rondaba os 400 alumnos e alumnas e 20 profesores e profesoras, despois dunha diminución suave pero persistente debido á baixa natalidade.
A construción ten un edificio principal con aulas, un edificio adxacente administrativo, un ximnasio e unha pista cuberta, así como abundante extensión de terreo circundante e outros servizos menores, como parque infantil e un comedor na planta baixa.
Está situado en fronte do IES Porta da Auga e do campo de fútbol.
Ten xornada partida. No 2014 propúxose cambiar a xornada continua, pero non foi aprobado. No curso 2018/2019 volveuse a propoñer.[3]
Notas
editar- ↑ "Gregorio Sanz 1". Consultado o 2019-08-25.
- ↑ "Desolación e lucidez". La Comarca del Eo (5366). 28 de xaneiro de 2023. p. 5.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda); - ↑ "El colegio Gregorio Sanz de Ribadeo, con 400 alumnos, debate implantar la jornada única". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-04. Consultado o 2019-02-06.