Dan Gadzuric

baloncestista neerlandés

Daniel "Dan" Gadzuric, nado o 2 de febreiro de 1978 na Haia, é un ex xogador profesional de baloncesto neerlandés. A súa nai é serbia e o seu pai de San Vicente e as Granadinas.

Modelo:BiografíaDan Gadzuric

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
A Haia, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
EducaciónThe Governor's Academy (en) Traducir
Universidade de California, Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Altura211 cm Editar o valor en Wikidata
Peso108 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata - 2015 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porMilwaukee Bucks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Milwaukee Bucks
New York Knicks
Texas Legends
Marinos de Anzoátegui
Jiangsu Dragons
Golden State Warriors
Brooklyn Nets
1998–2002 UCLA Bruins

Carreira

editar

Universidade

editar

Gadzuric xogou ao baloncesto universitario en UCLA, entre 1998 e 2002, onde fixo 10,5 puntos e 7,3 rebotes.

Profesional

editar

Foi elixido por Milwaukee Bucks na quinta posición da segunda rolda do Draft da NBA de 2002. A súa tempada de maior rendemento foi a de 2004-05, onde xogou 81 partidos e todos de titular, promediando 7,3 puntos e 8,3 rebotes, e onde rematou na sétima posición dos mellores reboteadores ofensivos da NBA, a pesar de xogar tan só 22 minutos por partido. O 22 de xuño de 2010, Gadzuric, xunto a Charlie Bell, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio de Corey Maggette.

O 16 de xullo de 2012, Gadzuric, Jared Jeffries, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección de Draft de segunda rolda foron traspasados ós Portland Trail Blazers a cambio de Kurt Thomas e Raymond Felton.[1] O 19 de xullo de 2012, foi cortado polos Trail Blazers.

En setembro de 2012, Gadzuric uniuse ós Philadelphia 76ers para os seus adestramentos.[2] Porén, non conseguiu entrar no equipo final.[3]

O 27 de setembro de 2013, Gadzuric asinou cos Los Angeles Lakers,[4] pero foi cortado o 9 de outubro.[5]

  1. "KNICKS ACQUIRE FELTON & THOMAS". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2012. 
  2. Sixers Announce 2012 Training Camp Roster
  3. "Sixers waive center Dan Gadzuric". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2012. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  4. "Lakers add Dan Gadzuric to training camp". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o 07 de outubro de 2013. 
  5. Lakers Waive Eric Boateng and Dan Gadzuric

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar