Corey Maggette
Corey Antoine Maggette, nado o 12 de novembro de 1979 en Melrose Park, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto que actualmente é axente libre e xoga na posición de aleiro.
![]() (2009) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1979 ![]() Melrose Park, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Fenwick High School (en) ![]() Universidade Duke ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 99 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1999 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Seattle SuperSonics ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Traxectoria
editarUniversidade
editarProcedente do Insituto Fenwick en Oak Park, Illinois, Maggette asistiu á Universidade de Duke, onde estivo unha tempada na que fixo 10,6 puntos e 3,9 rebotes por partido. Esa tempada, os Blue Devils chegaron á final da NCAA liderados por Elton Brand, actual compañeiro de equipo de Maggette, aínda que perderon ante UConn Huskies.
NBA
editarMaggette foi seleccionado na posición 13ª polos Seattle SuperSonics no Draft da NBA de 1999, sendo inmediatamente traspasado a Orlando Magic. Nos Magic só pasou unha tempada, facendo 8,4 puntos e 3,9 rebotes por partido, antes de fichar por Los Angeles Clippers, o seu actual equipo.
Nos Clippers converteuse nun xogador moi respectado na liga, chegando a superar os 20 puntos de media en dúas tempadas consecutivas e liderando ao seu equipo en varios apartados estatísticos. A súa mellor campaña foi a de 2004-05, na que tivo unha media de 22,2 puntos, 6 rebotes e 3,4 asistencias en 36,9 minutos de xogo. Coñecido polas súas excelentes condicións atléticas e o seu excelente salto, participou no concurso de mates de 2001. O 10 de xullo de 2008 fichou polos Golden State Warriors coma axente libre. O 22 de xuño de 2010, Maggette foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio de Charlie Bell e Dan Gadzuric.
O 26 de xuño de 2012, Maggette foi traspasado aos Detroit Pistons a cambio de Ben Gordon e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[1]
Notas
editar- ↑ "Pistons trade Gordon to Bobcats for Maggette". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial Arquivado 30 de novembro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Correy Maggette Online Website (en inglés)
- Perfil en nba.com (en inglés)
- Fotos de Corey Maggette Arquivado 10 de agosto de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Estatísticas de Corey Maggette Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)