V for Vendetta (banda deseñada)
V for Vendetta é unha serie de dez volumes de banda deseñada escritos por Alan Moore e ilustrado por David Lloyd.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/d2/V_vendetta_arzua.jpg/150px-V_vendetta_arzua.jpg)
Argumento
editarNun futuro non moi afastado, Inglaterra é un país totalitario. Tras o toque de queda nocturno, a adolescente Evey Hammond é rescatada en plena rúa por un misterioso enmascarado que se fai chamar V. A partir dese momento, a aparición de V orixinará unha revolución contra o goberno fascista dirixido polo tirano Adam Susan.
Adaptación cinematográfica
editarA banda deseñada V for Vendetta foi adaptada cinematograficamente como V de Vendetta por James McTeigue nunha obra que viu a luz en 2006. Entre o filme e a serie de banda deseñada hai lixeiras diferenzas, especialmente no que atinxe ás orixes de Evey Hammond (desenvolvidas con maior profundidade no cómic), a relación entre Hammond e a personaxe de Gordon Dietrich, a omisión (no filme) da historia de Rsoemary Almond, ou a supresión cinematográfica de varias referencias explícitas ao anarquismo.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |