Corsica Libera
Corsica Libera (en galego: Córsega Libre, CL) é un partido político nacionalista corso e independentista fundado o 1 de febreiro de 2009.
Corsica Libera | |
---|---|
Partido político de Córsega | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Eric Simoni (presidente) Joseph Colombani (vicepresidente) Jean-Christophe Hervouet (vicepresidente) |
Historia | |
Fundación | 1 de febreiro de 2009 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo corso Independentismo Ecoloxismo |
Representación | |
Asemblea de Córsega | 7 / 51 |
Outros datos | |
Sede | 1 rue Miot - 20297 Bastia |
Publicación | U Ribombu |
Na rede | |
www.corsicalibera.com | |
![]() ![]() ![]() | |
Historia
editarCL foi fundadada tras a fusión de catro partidos independentistas previos: Corsica Nazione, Rinnovu, Accolta Naziunale Corsa e Strada Diritta. No momento da súa creación contaba con 600 militantes.[1]
Nas eleccións corsas de 2010 obtivo 4 deputados, cifra que aumentou a 7 nas máis recentes (2016). Actualmente forma parte do goberno rexional.