Accolta Naziunale Corsa
Accolta Naziunale Corsa (ANC, en galego: Alianza Nacional Corsa) foi un partido político nacionalista corso e independentista fundado en 1987. Representaba unha tendencia moderada da Fronte de Liberación Nacional de Córsega e de A Cuncolta Naziunalista, dos cales se separou en 1989. Estivo dirixida por Pierre Poggioli.
Accolta Naziunale Corsa | |
---|---|
Partido político desaparecido de Córsega | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Pierre Poggioli |
Historia | |
Fundación | 24 de outubro de 1989 |
Disolución | 1 de febreiro de 2009 (creación de Corsica Libera) |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo corso Independentismo |
Outros datos | |
Na rede | |
www.anc-corsica.com | |
Historia
editarFormou parte de Corsica Nazione entre 1992 e 1993. En 2005 uniuse nunha coalición co Partitu Sucialistu pà l'Indipendenza chamada Fronte Populare e en 2009 foi un dos partidos fundadores de Corsica Libera, autodisolvéndose xusto despois da fundación deste novo partido.[1]