Thepinkphink
Benvido(a) á Galipedia, Thepinkphink!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
editarOla Thepinkphink.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.
Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wiki.x.io/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!
--Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de maio de 2014 ás 18:59 (UTC)
Axudas ortográficas
editarOla Thepinkphink. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 25 de maio de 2014 ás 17:52 (UTC)
Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos
editarOla Thepinkphink.
É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:
Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2015 ás 17:56 (UTC)
Retirada de marcadores
editarOla. Por favor, non retire os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Siga as ligazóns indicadas nos mesmos para obter máis información sobre as cuestións anotadas en cada marcador e cómo solucionalas. Grazas. ☣Banjo tell me 28 de abril de 2015 ás 17:37 (UTC)
Por favor, non retire os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Teña en conta que unha reiteración neste comportamento considérase prexudicial para o funcionamento da wiki e pode dar lugar a que se lle aplique un bloqueo. Grazas ☣Banjo tell me 29 de abril de 2015 ás 15:20 (UTC)
Traducións automáticas
editarPor favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.
As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. ☣Banjo tell me 18 de xullo de 2017 ás 08:42 (UTC)