Natalvarino
Benvido(a) á Galipedia, Natalvarino!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Elisardojm (conversa) 00:15, 8 de xuño de 2012 (UTC)
Imaxes
editarHai que borrar as imaxes que subiches a Commons porque teñen dereitos de autor, se precisas axuda con este tema podes falar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:15, 8 de xuño de 2012 (UTC)
Conflito de intereses
editarBenvido/a á Galipedia.
Por favor, teña en conta o especificado en Wikipedia:Conflito de intereses.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 08:35, 8 de xuño de 2012 (UTC)
- Normalmente, na Wikipedia en galego, adoitamos recomendar que non se edite sobre os propios intereses. Porén, sendo a información obxectiva e referenciada, non debería haber problema.
- En todo caso, sempre podes sinalar na páxina de conversa cales son os datos erróneos ou que compre engadir citando as correspondentes referencias (A Wikipedia non é unha fonte primaria) e outro usuario calquera, eu mesmo, os actualizará no artigo. --. HombreDHojalata.conversa 13:31, 8 de xuño de 2012 (UTC)
RE:Fotos subidas do Consorcio de la Zona Franca de Vigo
editarNon vexo claro este tema..., se as fotos son do Consorcio, penso que ten que ser o Consorcio o que ceda os dereitos das mesmas non ti..., pero en todo caso terás que esperar a ver o que che din en permissions-commons@wikimedia.org, e si eles aceptan as fotos haberá que indicalo en Commons porque tal e como está agora a foto Ficheiro:Teresa Pedrosa Silva.jpg segue tendo o mesmo problema. Quitar a foto da web do consorcio non soluciona nada, que non se poda atopar nesa web non quere dicir que os dereitos de autor sexan correctos e por tanto a súa liberación tampouco será correcta.
Xa comentei que a solución máis doada e rápida, con moita diferencia, é que ti mesma, ou outra persoa, faga unha foto nova, se traballades no mesmo sitio non será moito problema, e que logo o autor a suba a Commons e poña a licenza libre que prefira. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:33, 10 de xuño de 2012 (UTC)
Teresa Pedrosa
editarCorrectos os cambios. Realmente un cadro para indicar unha vicepresidencia de deputación xa me parecía excesivo.
Os cambios parécenme ben porque son correctos, non por que os supervise Teresa Pedrosa. De feito, a comunidade non aproba que os persoeiros "supervisen" os seus propios artigos. Temos políticas relacionadas con isto, as xa mencionadas WP:CONFLITO e WP:NFP.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 08:34, 12 de xuño de 2012 (UTC)