Miketanis
Benvido(a) á Galipedia, Miketanis!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2020 ás 21:37 (UTC)
uso de tradutor automático
editarOla, Miketanis; varios dos artigos que creaches teñen múltiples erros por culpa do uso do tradutor automático. Podes botarlle un ollo e corrixilos? Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de agosto de 2020 ás 22:18 (UTC)
- Ola, Mike! O uso da segunda forma do artigo está permitido, abofé! :) E podes retirar o aviso de autotrad se consideras que xa non fai falta. Noutra orde de cousas, déixoche aquí o enlace a varias ferramentas para mellorar a ortografía:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en Axuda:Como mellorar a ortografía.
Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de setembro de 2020 ás 12:58 (UTC)