Lucas Sanchez Dalmau
Benvido(a) á Galipedia, Lucas Sanchez Dalmau!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2013 ás 01:04 (UTC)
Mecos
editarBos días Lucas. Fixen algúns cambios no artigo do club Mecos para que teña un estilo enciclopédico xa que a Galipedia non é un lugar para facer publicidade. Recoméndoche que revises as ligazóns que che puxen enriba, teñas en conta que os artigos da Galipedia teñen que cumprir o punto de vista neutral e que se tes algunha relación con esa entidade non podes editar o artigo pola política de Wikipedia:Conflito de intereses. Se tes calquera dúbida podes deixarme un comenario na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2013 ás 11:10 (UTC)
- Copyvio quere dicir que ese contido ten os seus dereitos de autor reservados e polo tanto non se pode usar na Galipedia xa que só están permitidos contidos con licenza libre que sexa compatible coa do proxecto, é dicir que permitan o uso comercial e as obras derivadas. Quitei o escudo porque ese escudo está nunha páxina web e esa páxina, se non indica que os seus contidos se liberan cunha licenza libre, por defecto asúmese que teñen copyright. Por iso non se poden poñer na Galipedia as imaxes que se atopan por Internet porque na súa gran maioría teñen copyright. Se tes máis dúbidas sobre o tema ou outras cousas da Galipedia avísame e tentarei axudarche. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2013 ás 02:50 (UTC)
Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7
editarBoas Lucas! Fixen algún que outro arranxiño en Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7, espero que che parezan ben, creo que é máis explicativo. Cando se cree a Liga Galega haberá que mudar a frase como preludio á futura Liga Galega de Fútbol Gáelico 11. Estaría ben que incluíras algunha ligazón á competición ou referencias de prensa e/ou de internet para completar o artigo e que os que non esteamos moi ao tanto podamos informarnos un pouco máis. Bo traballo!! Piquito (conversa) 1 de agosto de 2013 ás 01:06 (UTC)