Dfreijeiro
Benvido(a) á Galipedia, Dfreijeiro!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 18:39, 11 marzo 2010 (UTC)
Imaxe de escultura de Xoán Piñeiro
editarOla Dfreijeiro. A verdade é que non a subín a Commons porque son un cómodo e adoito só subilas á Wikipedia galega. Por min mesmo só subín dúas imaxes a Commons, mais algunhas imaxes miñas foron logo cargadas alí por outros usuarios, e non teño problema con elo, é máis, alédame que se faga. Así que se queres podes subi-la miña imaxe da escultura de Xoán Piñeiro, e tódalas que ti queiras miñas, a Commons. Un cordial saúdo. --Alberte Si, dígame? 19:33, 11 marzo 2010 (UTC)
Tes a imaxe subida no artigo. Para subilas é bastante sinxelo a partir de aquí. --Xoacas(Góstache o pemento?) 20:59, 11 marzo 2010 (UTC)
Motor de combustión
editarDFreijeiro, borrei o artigo que creaches porque xa existe estoutro de motor de combustión interna. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:40, 11 marzo 2010 (UTC)
- Perfecto. Aí che queda logo para que o reformules. Un saúdo e a mandar. --Atobar (conversa comigo) 11:30, 15 marzo 2010 (UTC)
Aviso na taberna de axuda
editarBoas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:12 (UTC)