Conversa usuario:Banjo/Arquivo 15
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Arquivo 14: Do 01/01/2019 ao 01/01/2019
Índice
- 1 Cambio de Lebre por Lepus
- 2 Francesc Boix
- 3 Merge
- 4 html to wiki
- 5 Redirect
- 6 Modelo:Usuario agradecementos
- 7 Traité de Meerssen
- 8 Luisa Marcos Raña
- 9 Eliminar categorías
- 10 Consulta sobre proposta de reforma de política de citas
- 11 Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019
- 12 Eliminar votación
- 13 Segundo a RAG Xfce é un contorno
- 14 Busca avanzada en Especial:Procura
- 15 Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam
- 16 *sub-rexión > subrexión
- 17 Miki Nuñez
- 18 Miriam Rodríguez Gallego
- 19 Borrar páxinas
- 20 Consulta redireccións días internacionais de minúsculas a maiúsculas
- 21 Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019
- 22 Dacordo. Non sabía o de Creative Commons (en Galipedia o en toda a Wikipedia?). Revisarei a aportación.
- 23 problemas cun bot?
- 24 eliminar categoría
- 25 Páxina con problemas?
- 26 Consultiña
- 27 Consulta sobre nome de usuario e políticas
- 28 Vandalismo
- 29 Accipiteriformes
- 30 Sinónimo de Pillara das dunas
- 31 Henrique Rabuñal
- 32 Modelo:Portomarín2019
- 33 Comunicación sobre problemas de edición en propostas de borado
- 34 fusións de galerías
- 35 Iván Carril
- 36 Lista de lugares de Galicia para o JSW Browser
- 37 OLA
- 38 Sinope x Sinop
- 39 Listas de xeografía
- 40 Parroquias de Baralla
- 41 Rexistro de borrados e categorías
- 42 Ola Banjo
- 43 Ola Banjo
- 44 Re: Arranxos varios
- 45 Ramiro Ledesma Ramos
- 46 Correo
- 47 Completsr datos por favor
- 48 *Todoterreo > Todo terreo
- 49 Artigo dun futbolista
Ola Banjo. Comprobei que no artigo Eulagos (subxénero) cambiaches, parece que automaticamente, no "nome de xénero" do cadro de clasificación, o Lebre|Lepus, que eu puxera, por Lepus (e non sei se o fixeches noutras oasións). Naturalmente que estou de acordo en que o xénero é Lepus, faltaría máis, pero o que ocorre é que se poño isto, automaticamente se redirixe ao artigo da constelación Lepus. Como nestes días ando a traballar en artigos de lepóridos isto está a causarme moitas complicacións, como explico na páxina de conversa do artigo Lebre, que moito che agradeceria que vistaras. Un saúdo, e feliz aninovo. --XoioÉche o que hai 1 de xaneiro de 2019 ás 17:59 (UTC)Responder
- @Xoio: Non cambiei nada nese artigo. Ese artigo ten 5 edicións, catro túas e unha do meu bot no que este só formateou un espazo en branco. Cando teña oportunidade revisarei a cuestión do título do artigo do xénero que indicas. ☣Banjo tell me 1 de xaneiro de 2019 ás 19:59 (UTC)Responder
- Grazas pola contestación. E cando poidas ver o que digo na convera de Lebre comprobarás as incoherencias que che conetei. --XoioÉche o que hai 1 de xaneiro de 2019 ás 20:29 (UTC)Responder
Boa tarde Banjo. Agradeceríache que, cando teñas un momento, me botaras unha man. Veño de facer o artigo Francesc Boix i Campo e teño dous problemiñas coas notas coas que levo toda a tarde pegándome con elas e non dou feito. Un, coido que debe ser máis sinxelo de amañar, a nota 14 debería ser a mesma cá 2 pero non consigo facelo. E, o maior problema é o que aparece na nota 6 ("erro no código da cita 22) que no consigo amañalo. Graciñas.--MAGHOI (conversa) 11 de xaneiro de 2019 ás 19:30 (UTC)Responder
- @MAGHOI:
Feito! Á hora de reutilizar referencias non é necesario poñer as referencias completas en cada instancia, con poñer a primeira, asignarlle un nome e facer referencia a ese nome nas seguintes aparicións é suficiente. Tes máis información sobre isto en Axuda:Citas ao pé#Citas ao pé: reutilizar unha mesma fonte ☣Banjo tell me 11 de xaneiro de 2019 ás 21:57 (UTC)Responder
- Mil grazas. Normalmente xa o fago así, pero desta volta non sei que pasou. Fixen a tradución da wiki catalá e completeina con informacións da española e, de súpeto, comezou a facer cousas raras e pensei que había algún rollo de html. Mirei na edición da fonte, e a cada paso liábame máis. Grazas, de novo.--MAGHOI (conversa) 11 de xaneiro de 2019 ás 23:07 (UTC)Responder
Hi! Excuse me for writing in English. I have seen you have undone my redirect from Nomenclatura binomial to Nomenclatura binominal ... could you merge the two articles instead? Thank you very much, --Epìdosis (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 09:59 (UTC)Responder
- @Epìdosis: I've just marked them for merging. The contents need to be reviewed and corrected in both articles before merging their histories, and the redirect should stay the other way around. ☣Banjo tell me 26 de xaneiro de 2019 ás 10:02 (UTC)Responder
Boa tarde, Banjero.
No historial de La Barraca hai unha táboa en html [1]
Algunha ferramenta que a transforme en wiki? --. HombreDHojalata.conversa 3 de febreiro de 2019 ás 17:49 (UTC)Responder
- @HombreDHojalata: HTML2wiki É sinxelo de usar. Copia todo o contido entre
<TABLE>...</TABLE>
, ámbalas dúas incluídas, no cadro superior, preme Convert. O texto en formato wiki sae no cadro de embaixo, aínda así pode que precise algún amaño manual a maiores. ☣Banjo tell me 3 de febreiro de 2019 ás 18:01 (UTC)Responder
Atopei estoutro e voume apañando con el. Graciñas! --. HombreDHojalata.conversa 3 de febreiro de 2019 ás 18:05 (UTC)Responder
Ola, Banjo. Vin a reversión da categoría de ISS. As redireccións non poden categorizarse? --Agremon(contacto) 8 de febreiro de 2019 ás 22:50 (UTC)Responder
- @Agremon: Non se categorizan, só en casos moi puntuais por cuestións de mantemento. Wikipedia:Redireccións#Categorización de páxinas de redireccións ☣Banjo tell me 8 de febreiro de 2019 ás 22:52 (UTC)Responder
A ver se algún día fago ese resume/indexado de normas que teño ganas de facer dende hai tempo... Ou mellor, se simplifican. Grazas, Banjo. --Agremon(contacto) 8 de febreiro de 2019 ás 23:09 (UTC)Responder
|
Ola amigo.
En maio fixen este modelo: {{Usuario agradecementos}}. Pareceume unha cousa moi pavera.
Porén, detectei aí atrás que un compañeiro alemán ten unha versión mellorada, con numeriños automáticos: de:Benutzer:Prüm/Vorlage:Danke.
Tentei adaptar o noso, mesmo copiándolle o Módulo:Str2, pero nada, chico.
Apetéceche meterlle man? --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2019 ás 20:33 (UTC)Responder
- @HombreDHojalata: Éche moi pillo o alemán este. Usa unha subpáxina para poñer o número de agradecementos feitos e recibidos, que a súa vez actualiza un bot feito por outro usuario. Non cheguei a ver se o código do bot está publicado nalgures, (o meu alemán limítase a coñecer as letras de Rammstein), ou se se podería adaptar aquí de forma doada. Investigarei algo se saco tempo, pero non podo prometerche moito. ☣Banjo tell me 12 de febreiro de 2019 ás 21:13 (UTC)Responder
- Déixao, déixao. Non caera eu niso da necesaria concorrencia do Benutzer:FNBot. Queda como está, que tamén está moi ben. --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2019 ás 21:19 (UTC)Responder
Boas Banjo. Cando teñas un ratiño, podes elimiar a páxina Traité de Meerssen? Era o título orixinal (sen traducir) dun artigo xa traducido e como movín a páxina, quedou como redirección e penso que non é necesaria. Graciñas--MAGHOI (conversa) 27 de febreiro de 2019 ás 20:54 (UTC)Responder
Bo día, estiven wikificando este artigo Luisa_Marcos_Raña, chega para quitarlle a marca? Ten tamén a marca de que non ten categorías e semella que as ten. Lles (conversa) 5 de marzo de 2019 ás 08:05 (UTC) Xa está feito. Lles (conversa) 5 de marzo de 2019 ás 10:40 (UTC)Responder
- @Lles:, non se decataches que este artigo o está facendo alguén que se deu de alta hai ben pouco. Na miña opinión, igual é mellor ofrecerlle axuda, pero deixarlle respirar e terminar o artigo ao seu ritmo, que por cuestións de aprendizaxe vai ser un pouquiño máis lento; hai centos de outros que poden ser revisados mentres tanto. ver estes, por exemplo Un saúdo Maria zaos (conversa) 5 de marzo de 2019 ás 13:47 (UTC)Responder
- @Maria zaos:, @Cedofeita:, púxenme con el precisamente porque me decatei de que o fixera unha persoa que estaba comezando e pensei que o rematara. Se era a actuación errónea, síntoo. Lles (conversa) 5 de marzo de 2019 ás 14:14 (UTC)Responder
Boa tarde Banjo. Cando teñas un ratiño, poderías eliminar estas categorías que eu fixen pero que xa existían? Son Categoría:Profesores da UNED e Categoría:Profesores da Universidade de Comillas. Graciñas. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 17:33 (UTC)Responder
Ola! Estivenlle dando outra volta á túa proposta e concretamente achei algo que non entendo ou que me resulta algo contradictorio. Cito:
e máis tarde7.2 Modelos de citas Os modelos de citas son unha boa axuda para manter a coherencia en todas as referencias do artigo. Aconséllase o uso destes modelos aínda que non son estritamente requiridos. Non se deben mudar as citas formateadas con modelos de citas a citas planas sen o uso de modelos sen presentar un motivo xustificado.
Apartado 9.1. As ligazóns incrustadas a páxinas web externas non deben usarse como citas en liña, xa que son altamente susceptibles de quedar mortas. Non se recomenda incluír ligazóns sen formato en lugar de citas propiamente definidas, incluso cando se fai entre etiquetas <ref>..</ref>. Xa que calquera referencia que identifica de forma precisa unha fonte é mellor que non ter ningunha, non se aconsella reverter as achegas de boa fe deste tipo de citas parciais. Deben considerarse temporais, e substituírse eventualmente con citas máis completas e correctamente formateadas.
- O que eu entendo é que é desaconsellado usar ligazóns externas peladas como substituto dunha cita, pero que se poden modificar para facelas máis completas e cun formato correcto. E que nesa mellora de formato poderíase facer uso dos modelos ou non, indistintamente. É así a cousa?
- A miña pregunta é: ando a rescatar as ligazóns mortas que non rescata o bot InternetArchive e moitas veces resúltame moito máis cómodo formatalas usando modelos para así poder incluír campos urlmorta,dataarquivo e urlarquivo. O certo é que non me gusta moito o modelo WebArchive que en teoría fai o mesmo. Estou facendo mal? (Igual estouna liando gorda!) Debería respetar o formato de cita plana co que me atopo na entrada cando quero recuperar a ligazón incluíndo un acceso á copia arquivada? (algunhas veces non é só unha URL e un título, ten algo máis e mesmo formato). Sería este un caso xustificado? Poderías indicarme un exemplo de motivo xustificado, por se acaso? Outra cousa, máis alá do pragmatismo da redacción tal como está,que está ben (coas obrigas non se vai moi lonxe), non se considera que é mellor usar modelos que non usalos? Graciñas!- -Maria zaos (conversa) 14 de marzo de 2019 ás 21:13 (UTC)Responder
- @Maria zaos: Pode que non estea moi ben redactado e que dea lugar a equivocacións, non sería a primeira vez. O uso dos modelos de citas é o recomendado, pero non é absolutamente necesario empregalos. Respecto o primeiro punto, é correcto. Se hai unha cita, o que se desaconsella e borrar a información que teña esa cita (autor, publicación, data, etc...) mudándoa por unha ligazón sen máis. A ligazón habería que engadila a maiores, preferiblemente dándolle formato e, de novo, recomendando o uso dos modelos mais non esixíndoo. Respecto o segundo punto, non estás a facer mal, ó contrario. O cambio dunha cita sen modelo pola mesma cita con modelo (e con máis información incluso!) é o que se recomenda precisamente. O ideal é ver que información hai na cita orixinal e adaptala ó modelo sen que se perda ningún dato, algo que en prácticamente tódolos casos é factible cos modelos. ☣Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 21:27 (UTC)Responder
- Entendido entón, moitísimas grazas. Cando teña un momento incorporo a suxestión de incentivar o arquivo de ligazóns "galegas" na páxina de tratamento de ligazóns mortas,como me comentaches. (Igual tardo uns días,que non vou estar, pero fareino). Que rápidez con todo, ti, que marabilla! (Perdoa polo de non usar o Ping, pensei que cando menos antes da votación alguén pasaría por aló. Non eran cousas tremendamente importantes tampouco) Maria zaos (conversa) 14 de marzo de 2019 ás 21:37 (UTC)Responder
Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Citar as fontes, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019. Un saúdo. ☣Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 23:02 (UTC)Responder
Bos días, fai cinco anos fixen un artigo sobre min mesmo que evidentemente non ten cabida na galipedia. Pido eleminen Votacions para borrar/Daniel Pérez Sotelo xa que non quero que aparezca na búsqueda de Google esa paxina. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.116.81.101 (conversa • contribucións)
Boas Banjo:
Aquí https://gl.wiki.x.io/wiki/Xfce
Mudaches «contorno» por «ambiente», segundo a RAG debería chamarse «contorno».
https://gl.wiki.x.io/wiki/Conversa:Contorno_de_escritorio#Mudar_por_contorno
Podes explicarme os motivos da túa corrección?
Grazas.
--Damufo (conversa) 22 de marzo de 2019 ás 22:00 (UTC)Responder
- @Damufo: Fixen o cambio contrario, de ambiente a contorno. Non sei onde viches que fixen tal cambio, no historial do artigo podes ver que non fixen o que indicas. ☣Banjo tell me 27 de marzo de 2019 ás 15:29 (UTC)Responder
- @Banjo: Desculpa pola confusión. Moitas grazas.Damufo (conversa) 28 de marzo de 2019 ás 12:10 (UTC)Responder
Ola, veño de revisar as miñas preferencias no apartado trebellos; opcións en probas. Alí non localicei isto. Como sería posible ter acceso a esta funcionalidade? Cando poidas, graciñas Maria zaos (conversa) 27 de marzo de 2019 ás 21:27 (UTC)Responder
- @Maria zaos: En Especial:Preferencias#mw-prefsection-searchoptions comproba que non tes marcado o cadro baixo "Procura avanzada". Se o tiñas marcado e o desmarcas proba a recargar caché ou saír e acceder de novo. En Especial:Procurar debería aparecerche unha frecha baixo o botón de procura, na sección "Parámetros avanzados". ☣Banjo tell me 27 de marzo de 2019 ás 21:35 (UTC)Responder
- Anda, pois se o tiña desmarcado! Mirei onde non era. Si que me sae a frecha. Graciñas e perdón pola molestia. Maria zaos (conversa) 27 de marzo de 2019 ás 21:41 (UTC)Responder
Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da redacción da política Wikipedia:Spam, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam. Un saúdo. ☣Banjo tell me 29 de marzo de 2019 ás 08:54 (UTC)Responder
Podes pór a andar o bot? Grazas. --Atobar (conversa comigo) 30 de marzo de 2019 ás 19:06 (UTC)Responder
- @Atobar:
Feito! Algunhas ocorrencias que non atopou o bot mudeinas eu a man. ☣Banjo tell me 30 de marzo de 2019 ás 19:51 (UTC)Responder
Ola Banjo. Habería que borrar a páxina Miki Nuñez. Xa existe outra pero con til no apelido e ten algo máis de contido. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 1 de abril de 2019 ás 18:33 (UTC)Responder
Ola de novo. Pílláchesme xusto cando estaba a reedita-lo aviso anterior para pedirche o mesmo en Miriam Rodríguez Gallego. Existe outra páxina Miriam Rodríguez, con mellor formato e referencias. E nos dous casos están propostas para seren fusionadas. Penso que sería mellor deixar esta seunda e elimina-la primeira deixando, en todo caso, unha redirección. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 1 de abril de 2019 ás 19:01 (UTC)Responder
- @MAGHOI:
Feito! Grazas polos avisos e polo choio de revisar estes artigos. ☣Banjo tell me 1 de abril de 2019 ás 19:07 (UTC)Responder
Boas Banjo. Cando poidas, borra estas dúas páxinas: Usuario:MAGHOI/Alto Renacemento e Usuario:MAGHOI/Éxtase de Santa Tareixa. Aínda non me aclaro coa operativa de cando está a traducir unha páxina e despois se publica; pero coido que antes de que acabe o milenio... Grazas.--MAGHOI (conversa) 3 de abril de 2019 ás 14:35 (UTC)Responder
- @MAGHOI:
Feito! Tal e como o fixeches é o procedemento correcto, incluíndo o aviso para borrar as redireccións que quedan no teu espazo de usuarios (tamén podes marcalas con {{lixo}} se non hai admin activo nese momento) O que sí, fíxate cando fagas o movemento de seleccionar o espazo de nomes "principal", xa que se non se cambia a man o destino queda dentro do espazo de usuarios (p. ex. queda movida como Usuario:Éxtase de Santa Tareixa en lugar de Éxtase de Santa Tareixa. Xa queda correxido nese caso, non hai maior problema). ☣Banjo tell me 3 de abril de 2019 ás 14:43 (UTC)Responder
- @Banjo:Grazas
Ola, boas, reparei no seguinte borrado:
- "Banjo Conversa contribucións borrou a páxina "Día internacional do libro infantil e xuvenil" (R3: Redirección crebada: o contido era "#REDIRECCIÓN Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil", e o único editor foi Maria zaos (conversa)) Etiqueta: PHP7."
Igual estou confundida e solicitei eu mesma o borrado ou algo fixen mal. O tema é que creei esta redirección seguindo o que se comentou nesta conversa: Conversa:Portada#Día internacional do libro infantil e xuvenil, na que, resumindo, se suxería que, aínda que nestes casos as redireccións de minúsculas a maiúsculas non están recomendadas, era preferible facelas. Agardei uns días para facer o resto de redireccións do resto de días internacionais (tamén hai que revisar ben as fontes), porque ando algo liada, pero como na finde quería poñerme con iso, seríame de moita axuda se me podes indicar cal foi o erro. Moitas grazas. Saúdos --Maria zaos (conversa) 12 de abril de 2019 ás 08:55 (UTC)Responder
- Ola Maria. Atopeina eu nas redireccións rotas, quedou crebada e borreina segundo WP:R3 tras borrar (eu tamén) o destino ó que apuntaba, que só tiña unha edición sen contido relevante:
3 de abril de 2009 ás 09:41 Banjo Conversa contribucións bloquear borrou a páxina "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil" (O texto puña: "DÍA DO LIBRO INFANTIL" (e o único editor foi "85.91.87.250")) (ver/restaurar)
- Lin esa conversa e estou de acordo en crear e manter esas redireccións, pero só cando os destinos xa existan, se non existen non ten sentido crear ou manter redireccións crebadas
☣Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 17:21 (UTC)Responder
- @Banjo:Ai, pois agora que a vexo (DÍA DO LIBRO INFANTIL) si que pasei por ela (sóame), logo culpa miña que se me escapou. Vale, vou tentar, de paso que verifico os nomes oficiais dos días meténdolles fontes, poñer unha entrada mínima por cada un, así xa non caio de novo. De aquí en adiante prometo mirar ben as páxinas e os wikidatas que ligaban anteriormente. Xa me apuntei a páxina das crebadas tamén. Un millón de grazas por pararte a explicalo, non estaba totalmente segura do tema. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 12 de abril de 2019 ás 18:10 (UTC)Responder
Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Páxina de usuario, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019. Un saúdo. ☣Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 17:57 (UTC)Responder
Dacordo. Non sabía o de Creative Commons (en Galipedia o en toda a Wikipedia?). Revisarei a aportación.
editar--83.47.181.65 19 de abril de 2019 ás 09:12 (UTC)Responder
Ola Banjo. Veño de mirar a páxina Lista de ministros de Economía e Facenda de España, e un bot cambiara o seu aspecto: marcara moitas ligazóns mortas de xeito erróneo e as imaxes aparecína cun enorme tamaño. Podes botarlle unha ollada para ver se está ben recuperada así?. Graciñas.--MAGHOI (conversa) 21 de abril de 2019 ás 18:00 (UTC)Responder
- @MAGHOI: En principio está ben recuperado asi. O problema son os
|ligazón=
que hai no código das imaxes, que habería que eliminar. Polo momento engadin o modelo {{cbignore}} para que o bot non toque esa páxina outra vez ata que se limpe ese código e evitar que pase de novo. ☣Banjo tell me 21 de abril de 2019 ás 18:48 (UTC)Responder- Penso que xa está eliminado ese código sobrante. Unha pregunta, como apareceu? Por que non tódalas imaxes o tiñan. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 21 de abril de 2019 ás 19:21 (UTC)Responder
Ola de novo, Banjo. Cando poidas, has eliminar a Categoría: Alumnos da universidade de Iowa. Creeina sen me decatar que xa existía, coa palabra Universidade en maiúscula. Síntoo. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 24 de abril de 2019 ás 19:44 (UTC)Responder
- @MAGHOI:
Feito! Non ten maior problema. ☣Banjo tell me 24 de abril de 2019 ás 20:55 (UTC)Responder
Ola Banjo. Cando poidas mirarás a páxina Ignacio Codesido? Semella algo raro todo. Había un contido, que eu coido que era discutible, pero semella que, a cachos, o están a eliminar e tamén as ligazóns externas. Que opinas? Saúdos.--MAGHOI (conversa) 3 de maio de 2019 ás 18:33 (UTC)Responder
- Ola, e ola @MAGHOI: . Esta mañá entrou unha ip a retirar contido. Pero logo revisando a redacción tiña un enfoque nada neutral (puña literalmente "burradas" como valoración ás declaracións desta persoa) con citas textuais non referenciadas. Por iso acabei por eliminar eu o mesmo contido que borrara a IP está mañá. Igual tiña que indicalo na conversa, pero como éra unha Biografía de persoa viva daquela pareceume axeitado. Se fixen mal sintoo, de verdade e agradezo algunha directriz para casos semellantes. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 3 de maio de 2019 ás 18:51 (UTC)Responder
- O de "burradas" soñeino, porque non texto non o vexo agora (?).--Maria zaos (conversa) 3 de maio de 2019 ás 18:58 (UTC)Responder
Ola, unha preguntiña. Na Galipedia temos/pódese usar/hai algo semellante ao modeleo "permanent dead link"? Podería ser interesante, pero non o dou atopado. Grazas!.--Maria zaos (conversa) 16 de maio de 2019 ás 18:10 (UTC)Responder
- @Maria zaos: Agora si o temos:
{{ligazón morta|intento-arranxo=si}}
☣Banjo tell me 16 de maio de 2019 ás 18:41 (UTC)Responder
- Yupii!
Mil grazas!! .--Maria zaos (conversa) 16 de maio de 2019 ás 19:07 (UTC)Responder
- Yupii!
Ola, sinto molestarte, pero dei con este usuario novo Usuario:Q788771 que escolleu un elemento de wikidata d:Q788771 como nome e usuario e non o vexo acaído, pero revisando as políticas non teño claro se está ben conducilo a que mude o nome. Poderías botarlle un ollo?. Graciñas!.Maria zaos (conversa) 25 de maio de 2019 ás 08:38 (UTC)Responder
- @Maria zaos: Sería debatible se entra dentro dos "Nomes de usuario que poden resultar confusos", podería deixárselle aviso ó respecto a modo de "recomendación", pero probablemente non paga a pena. Vendo o seu historial de edicións na wiki en: semella unha conta de propósito único e un posible monicreque, os cambios que fixo aquí xa os amañaron... Se volve a aparecer haberá que revisalo, se non volve é mellor non perder moito tempo no tema. ☣Banjo tell me 26 de maio de 2019 ás 19:34 (UTC)Responder
Ola Banjo. Perdoa pola molestia pero non sabía a que sección da taberna debía acudir para contactar con administradrores. Quería que lle botaras un ollo á páxina "Manuel Celso Matalobos". Hai unha IP que por segunda vez está vandalizando e compriría facer algo. Grazas.--MAGHOI (conversa) 25 de maio de 2019 ás 20:42 (UTC)Responder
- @MAGHOI: Protexeuno temporalmente Maria zaos. Desculpa por non responder onte. Cando detectes casos semellantes e non vexas a ningún administrador "de garda" podes deixar aviso en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo ☣Banjo tell me 26 de maio de 2019 ás 19:25 (UTC)Responder
- Graciñas
Ola Banjo. Vexo que acabas de eliminar a redirección de Accipiteriformes cara á Falconiformes por "ser unha redirección innecesaria". Fíxeno porque no "Modelo:Aves" aparecía, antes de Anseriformes, Accipiteriformes. Agora xa non, porque comprobei que aparecía tamén "Falconiformes", e editei o modelo suprimido "Accipiteriformes". É que, tal como estaba, parecía que na Galipedia non había ese importante orde de aves. Por outra parte, moitas grazas polas correccións que me fas cando meto o zoco. --XoioÉche o que hai 28 de maio de 2019 ás 23:50 (UTC)Responder
Hola, agregué un sinónimo de C. alexandrinus a la página de la Píllara das Dunas. Pero creo que ya entendí que así se le conoce en catalán. Perdón, es que no soy gallego. Notificaré a AviBase que lo quiten como sinónimo de idioma Gallego. Gracias por estar al pendiente.
Saludos,
Oscar
Ola Banjo. Escríbote porque Henrique Rabuñal traballa actualmente no IES Ramón Menéndez Pidal, E o seu alcume da mocidade realmente é "O Rabu" polo que non entendo que desfagas as miñas aportacións constantemente. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.86.87.183 (conversa • contribucións)
Ola Banjo. Cando poidas borra a páxina Modelo:Portomarín2019. A páxina correcta é Modelo:Portomarín 2019, cun espazo entre o concello e a data. Graciñas.--MAGHOI (conversa) 18 de xuño de 2019 ás 17:48 (UTC)Responder
Ola, non é unha petición nin nada, porque é pouco prioritario a verdade, pero decatei hoxe que non se pode votar/editar na votación de artigos para borrar dende a versión móbil. Comunicocho por se pode ser de interese. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 21 de xuño de 2019 ás 23:00 (UTC)Responder
- @Maria zaos: Desculpa por non responder antes. Estiven intentando ver se había algo ó respecto pero non atopei, si vin que efectivamente na versión móbil non permite editar estas páxinas aniñadas noutras. Descoñezo se é unha decisión de deseño consciente por limitacións da versión móbil ou se é algún outro tipo de cuestión técnica. Se atopo algo novo sobre o tema avísote. ☣Banjo tell me 23 de xuño de 2019 ás 18:57 (UTC)Responder
Ola, Banjo. Actualmente a Galería de imaxes do río Beluso conta con catro imaxes, e aparecen as catro no artigo Río Beluso (delas, tres son de Commons e unha da Galipedia). Non hai que fusionar a metade das galerías porque non se dá o caso de que o contido sexa o mesmo na metade das galerías. E se houbese que fusionar a metade das galerías porque son unha simple duplicación, pois fusiónanse. E se o que hai que facer é ampliar o artigo pois haberá que poñer os marcadores correspondentes; e se hai que ampliar unha galería, cantas imaxes hai que incluír dun río do que nin sequera se indica a lonxitude?
Un saúdo. --30 de xuño de 2019 ás 18:57 (UTC)
Ola Banjo. Bota unha ollada, por favor, a este artigo: Iván Carril. Fixen así, porque non sabía como desbotar todas esas edicións. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 13 de xullo de 2019 ás 21:10 (UTC)Responder
Boas Banjo, quero facer unha lista de tódolos lugares de Galicia para tratar no JSW Browser pero é un pouco enleado porque tería que ir concello por concello engadindo os seus artigos de lugares. Puxen que collese o contido da Categoría:Lugares de Galicia pero así só colle as páxinas que están nesa categoría, probei de tódolos xeitos e non son capaz de que colla as páxinas que están nas subcategorías. A única forma que se me ocorre de facelo de forma sinxela é crear unha categoría oculta de mantemento que se meta no modelo de lugar, nesa categoría meteríanse tódolos artigos de lugares. Como o ves? Ocórreseche outra forma de facelo? Esta categoría sería de utilidade para outras veces que sexa preciso tratar todos eses artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2019 ás 10:21 (UTC)Responder
- @Elisardojm: Non sei como vai o JSWB, pero co AWB é bastante doado sacar a lista, permite a procura recursiva por categorías e o filtrado. Tes a lista completa nesta ligazón: [2] O formato é o que usa o AWB para que se poida importar de novo nese programa, non sei se o JSWB tamén usa ese formato. Unha categoría de "seguimento" para artigos que penduran da mesma árbore é innecesaria, no toolforge mesmo hai ferramentas que permiten sacar ese tipo de listados. ☣Banjo tell me 15 de xullo de 2019 ás 13:48 (UTC)Responder
- Xa, o que pasa é que o JSWB non ten tanta potencia nesas cousas. A lista que creaches vale modificándoa un pouco, pero o problema é que é estática. Sabes como se faría en Toolforge? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2019 ás 15:41 (UTC)Responder
- @Elisardojm: Hai varias ferramentas que traballan con categorías, mais non atopei ningunha que consiga o que procuras. ☣Banjo tell me 15 de xullo de 2019 ás 16:18 (UTC)Responder
- Xa, o que pasa é que o JSWB non ten tanta potencia nesas cousas. A lista que creaches vale modificándoa un pouco, pero o problema é que é estática. Sabes como se faría en Toolforge? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2019 ás 15:41 (UTC)Responder
Como me saudaches, só era pra corresponderche. Saúdos!--Barto Fiallega (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 17:48 (UTC)Barto FiallegaResponder
Boas Banjo. Veño de crear a Categoría:Nados na provincia de Sinope para substituír outra existente (Categoría:Nados na provincia de Sinop), pois esta tiña a denominación en inglés. Por iso, cambiei os artigos que estaban na errónea e compriría eliminar esa categoría. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 22 de xullo de 2019 ás 16:15 (UTC)Responder
Ola! grazas polo aviso.Ía poñela en só listas, pero logo vin que Lugares de Galicia estaba en listas de xeografía. Se con iso abonda, mudoo a listas. Volvo darlle outra volta ao tema. (Xa revirto logo).--Maria zaos (conversa) 15 de agosto de 2019 ás 22:22 (UTC)Responder
- A ver, o obxectivo é que teño que separar os wikidatas de Lugares de Galicia que corresponden a listas e os que corresponden á Categoría Lugares de Galicia. Son dous elementos diferentes. Podo crear unha categoría oculta se é necesario. A miña idea (pouco práctica, xa, pero como me confundo ás veces, mellor revisar en dous pasos) era ir pasando uns poucos a Listas de xeografía e logo crear subcategoría colgando desta con Cat-a-lot. Pero o que me digas. Maria zaos (conversa) 15 de agosto de 2019 ás 22:40 (UTC)Responder
- Moitas grazas! :) Maria zaos (conversa) 15 de agosto de 2019 ás 22:52 (UTC)Responder
Boa noite, Banjo. Todas as parroquias de Baralla teñen a súa foto. Outro verdor para o mapa! Saúdos Riciños (conversa) 16 de agosto de 2019 ás 21:38 (UTC)RiciñosResponder
Grazas por arranxar e recategorizar algúns dos borrados que fixen onte, xa me quedou claro o que vai a a U3. Perdón polas molestias.Saúdos.--Maria zaos (conversa) 25 de agosto de 2019 ás 20:07 (UTC)Responder
Xa me quedou claro que non podo copiar nada de outras páxinas, pero non sen cales teñen copyright e cales non...eu quería expandir información pola toponímia de Fontarón e poñer información de varios monumentos neolíticos, pero vai ser que non podo poñer nada que non teña copyright... DJose Méndez (conversa) 7 de setembro de 2019 ás 20:54 (UTC)Responder
Non entendo o aviso posto en Xosé Tomás: Levá á última revisión feita pero que está mal?--Ogalego.gal (conversa) 8 de setembro de 2019 ás 08:35 (UTC)Responder
Boas. Xusto te estaba escribindo. Correxín as ligazóns que apuntan a páxinas mortas e de paso arranxei a colocación das mesmas para non cargar con superíndices innecesariamente os párrafos referenciados e limpar a estrutura do artigo. Agrupar as referencias baixo o campo Notas debería ser suficiente para quen queira verificar a información sin que cada párrafo acabe cunha ristra de superíndices. ¿Hai problema en devolver os artigos á miña última edición? --Xosema (conversa) 16 de setembro de 2019 ás 21:52 (UTC)Responder
Ola Banjo. Teño un par de dúbidas sobre esta páxina (Ramiro Ledesma Ramos) que che quería consultar. En primeiro lugar, empreguei o marcador Infopolítico e fun enchendo os datos pero despois carios deles non aparecen e, mesmo, outros aparecen incompletos (por exemplo, data de nacemento, ou data de falecemento, ou lugar de nacemento). A segunda dúbida é sobre o control de autoridades, porque non aparece ningún dato; mentres en es:wiki si que aparecen varios. Metín a zoca en algo?. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 19 de setembro de 2019 ás 18:45 (UTC)Responder
Ola, Banjo. Hai uns días mandeiche un correo por unha cuestión allea á Wikipedia. Douche o aviso por aquí por se non fose un enderezo que uses con frecuencia ou mesmo que xa non uses. De todos modos, non corre présa ningunha. Grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22 de outubro de 2019 ás 15:29 (UTC)Responder
Hola.por favor, podemos engañar como filla do meu pai Plácido Lizancos Santos e irma de Plácido LIzancos Mora? Moitas grazas! Laura Lizancos Mora, activista galega, destaca na defensa dos Dereitos Humans e a casuística das persoas que procuran refuxio. Cooperante internacional, Profesora, grafopsicologa, perito judicial calígrafo.
Premio innovación educativa e Premio Once de Solidariedade. Nacida en Caracas 1964. Fillo: Antón Baleato Lizancos ( A votuña, 1993) Físico, matemático e astrofísico galego na Universidad eee Cambridge) Laura Lizancos (conversa) 5 de novembro de 2019 ás 13:03 (UTC)Responder
Ola, Banjo. Podes poñer a traballar o bot e que pase *todoterreo a todo terreo (en dúas palabras. DRAG. Todo terreo: [Vehículo] preparado para andar por calquera tipo de terreo. Ex. Utilizaron un todo terreo para acceder á estación de montaña.). Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 14 de novembro de 2019 ás 18:18 (UTC)Responder
Ola Banjo: Vin que contribuiche no artigo de Francisco López Valcarce Quería pedirche axuda porque fixen un artigo sobre David Pérez Doval, e quérenmo borrar. Gustaríame pedirche a túa opinión e saber qué ves que se poda mellorar no artigo... na miña opinión, hai poucos galegos que xoguen no Lugo e terminen debutando na Terceira División con 17 anos e por encima no filial dun equipo de Primeira División como é o Leganés B. Un saúdo, e espero resposta --Rlopglez (conversa) 5 de decembro de 2019 ás 17:21 (UTC) RlopglezResponder