Alejandrocaro35
Benvido(a) á Galipedia, Alejandrocaro35!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:34, 23 de outubro de 2010 (UTC)
Al Gore
editarOla, Alejandro. Vin a túa edición en Al Gore e chamoume a atención, porque eu descoñecía a súa relación con Google. Poderíasmo aclarar? Gracias, un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:40, 23 de outubro de 2010 (UTC)
Google Translate
editarOla, Alejandro. Nunha edición anterior de Google Translate foi eliminada unha parte do artigo porque estaba escrita nun galego tan defectuoso que resultaba máis traballoso amañalo que escribilo de novo. A edición que eliminei non era máis que un intento de recuperar aquel texto eliminado. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:00, 27 de outubro de 2010 (UTC)
- O mesmo para Tradución automática. É obvio que estás facendo artigos a base de traducións automáticas, pero iso quere dicir que logo teñen que vir outros que amañen os problemas de lingua que o tradutor non soubo facer a dereitas. Iso por non mencionar a violación dos dereitos de autor, que é outra cuestión non menor. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:48, 27 de outubro de 2010 (UTC)
- Agora é cando traducción está mal escrita, o correcto é tradución. Cómpre que leas as ligazóns que tes no alto da páxina para evitares os problemas que estás a ter.--Cheluco 13:57, 31 de outubro de 2010 (UTC)
Por favor, Alejandro, antes de seguires editando de calquera modo é mellor que intentes aprender a facelo. Se tes algunha dúbida pregunta. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:10, 1 de novembro de 2010 (UTC)
Lingua
editarAlejandro, tiven que reverter unha edición túa,[1] e a raíz dela tiro en limpo que non es galego. Por iso, anímote a que antes de seguires modificando artigos trates de estudar o Curso de lingua galega que temos aquí, e que fagas uso das moitas ferramentas que che podemos fornecer. Amais, como che din outros usuarios, hai un formato que cómpre respectar e un guieiro de edición a seguir. Un saúdo e para calquera dúbida non temas en preguntar. --Atobar (conversa comigo) 23:56, 1 de novembro de 2010 (UTC)
- Os problemas son moitos, Alejandro. Empezando pola frase "Non aplícanse regras gramaticais..." (ese Non modifica o verbo "non se aplican...") e rematando polo que me deixas na páxina de conversa: "Cales son os erros que tiña o texto? para que eu poida resolvelos". Os textos están ateigados de problemas, e como verías xa se pediu o teu bloqueo [2]. Trata de ler a fondo o curso de galego (non che vai ser difícil, pero esixe unha dedicación, como todo) e vai moi amodo coa creación e edición de artigos. De onde es? Castelán? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:25, 2 de novembro de 2010 (UTC)
- Alejandro, se non sabes galego non trates de corrixilo. Tan sinxelo coma iso. Estas últimas edicións volven estar mal.[3]. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 13:01, 4 de novembro de 2010 (UTC)
Zona de probas
editarOla, Alejandrocaro. Se queres facer edicións experimentais tes á túa disposición a Wikipedia:Zona de probas, onde podes editar ó teu gusto. Agradeceríache que deixases de facer edicións innecesarias na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:05, 29 de novembro de 2010 (UTC)
Vai cambiar o seu nome de usuario
editarBoas!
O equipo de desenvolvemento da Wikimedia está facendo algúns cambios en relación ao funcionamento das contas, como parte dos nosos continuos esforzos por proporcionar novas e mellores ferramentas aos nosos usuarios, como as notificacións a través dos wikis. A adopción destes cambios implica que cada persoa debe ter a mesma conta en todos os wikis. Isto ha permitir que poidamos ofrecer novas características que axudarán a editar e conversar mellor, e ha permitir unha maior flexibilidade nos permisos de usuario para usar as ferramentas. Un dos efectos secundarios disto é que as contas de usuario deberán ser agora únicas nos 900 wikis da Wikimedia. Consulte o anuncio para obter máis información.
Por desgraza, a súa conta coincide con outra conta tamén chamada Alejandrocaro35. Para asegurarnos de que ambos poidades seguir usando os wikis da Wikimedia no futuro, reservamos para vostede o nome global único Alejandrocaro35~glwiki. Se lle gusta o nome, non ten que facer nada. Se quere outro nome, fáganolo saber mediante este formulario.
A súa conta seguirá funcionando como antes, e terá recoñecidas as edicións feitas ata o de agora, pero terá que usar o novo nome para acceder ao sistema.
Lamentamos os inconvenientes.
Atentamente,
Keegan Peterzell
Enlace Comunitario, Fundación Wikimedia
18 de marzo de 2015 ás 01:43 (UTC)
Wikipedia:Zona de probas
editarOla Alejandro.
A Zona de probas é un espazo de traballo moi temporal, que adoita limparse ás poucas horas. Ten en conta que é unha única páxina para todos os usuarios do proxecto.
O que podes facer é crear unha páxina de probas propia: Usuario:Alejandrocaro35/probas e, se queres, pedir ayuda para editala en: Wikipedia:A Taberna (axuda).
Así mesmo, lembra que na Wikipedia non se deben copiar textos doutras fontes e que hai que citar as referencias.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 18 de novembro de 2015 ás 09:54 (UTC)