193.153.52.49
Ola 193.153.52.49 e 83.35.148.206 Por moita querencia que teña por manter a letra da que fala nas súas mensaxes se non cumpre as regras da Wikipedia non se pode manter. En Wikipedia:Non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista ten información sobre o que non debe facer se quere argumentar en favor dunha edición súa. Por favor cumpra coas regras do wiki, non faga suposicións sobre o conxunto de editores deste proxecto e non se dedique asolagar o wiki abrindo inumerables fíos de discusión para apoiar as súas ideas. Por último, o sentido desta mensaxe só é informativo, non pretendo abrir ningún novo fío de debate con vostede. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:46, 6 de abril de 2012 (UTC)
- Xa dixen antes que non quería abrir ningún novo fío de debate, pero en resposta a súa mensaxe vostede mesmo creo que sabe que a letra tamén foi eliminada doutros wikis. En concreto nesta edición demostra que coñece ese feito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:16, 6 de abril de 2012 (UTC)
A ver se nos tranquilizamos, usuario IP. As normas da Galipedia son as que son, guste ou non guste. E cando non gustan se propón cambialas. Aquí somos todos un grupo de amigos virtuais achegando a nosa man de fariña ó proxecto común, non intentando convencer ó outro de que está equivocado. E moito menos de que actúa con mala intención. Todos nos equivocamos pero iso cómpre discutilo e razonalo, non entrando en guerras de edicións e subindo o tono (xa sabes, as ironías e as maiúsculas non sempre son ben interpretadas). Agradécese a colaboración de todos, pero respectade ós que levamos tempo aquí: non somos infalibles pero tampouco estúpidos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:57, 6 de abril de 2012 (UTC)
Dámosche a benvida a esta páxina de conversa
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wikipedia sexa o mellor posible. Utiliza esta páxina para iniciares unha conversa sobre as edicións feitas desde este enderezo IP. O que escribas aquí será público. Moitos enderezos IP cambian periodicamente e a miúdo están compartidos por varias persoas.
![]() | Esta é a páxina de conversa dun usuario anónimo que aínda non creou unha conta ou que non a usa. Polo tanto, emprégase o enderezo IP para a súa identificación. Este enderezo IP pódeno compartir varios usuarios distintos. Se pensa que foron dirixidos contra a súa persoa comentarios inadecuados, por favor, cree unha conta ou acceda ao sistema para evitar futuras confusións con outros usuarios anónimos. |