Common Wealth Party
O Common Wealth Party foi un partido político do Reino Unido da década de 1940.
Common Wealth Party | |
---|---|
![]() | |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | socialismo |
Data de fundación | 1 de xullo de 1942 |
Data de disolución | 1993 |
País | Reino Unido |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nome
editarCommon Wealth Party significa en galego Partido pola Riqueza Común. A palabra commonwealth era usada en inglés como sinónimo de "ben común". Segundo o dicionario Barclay do s. XVIII: unha forma regular de goberno ou organización política, establecida de común acordo; unha forma de goberno na que o poder supremo se aloxa no pobo; unha república; unha democracia. [1]
O termo era xa historicamente usado para se referir a un período da historia inglesa a mediados do século XVII, e desde 1931 á Commonwealth de Nacións, unha asociación de Estados soberanos formado polo Reino Unido e antigas colonias británicas.
Historia
editarFundación
editarCreado o 26 de xullo de 1941, foi cofundado por Tom Wintringham e maioritariamente por antigos militantes do Partido Laborista como Richard Acland, Vernon Bartlett e J. B. Priestley.
Ideoloxía
editarA formación tiña a súa orixe no chamado Comité de 1941 e eran contrarios á paz asinada polas distintas formacións con ocasión da segunda guerra mundial. Aplicaron os tres principios básicos que consideraban necesarios para unha política socialista: propiedade común da terra, democracia vital e moralidade na política.
Eleccións
editarNa primeira ocasión que se presentou a unhas eleccións xerais, obtivo escanos por Eddisbury, Skipton e Chelmsford, restándollos ao Partido Conservador. No entanto, nas eleccións de 1945 só venceron en Chelmsord. Finalmente o partido foi disolto e a maioría dos seus membros integráronse no Partido Laborista.
Notas
editar- ↑ Barclay, James (1791). Barclay's English Dictionary (en inglés). Nicholson & Company.