Comarcas de Galicia
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal[1] e carecen de funcións administrativas.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/be/Comarcas_de_Galicia.png/300px-Comarcas_de_Galicia.png)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/a2/Comarcas_of_Galicia_with_names_in_Galician.svg/300px-Comarcas_of_Galicia_with_names_in_Galician.svg.png)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/7/7d/Comarcas_galegas_con_concellos.png/300px-Comarcas_galegas_con_concellos.png)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Galicia._Comarcas_e_Concellos.png/300px-Galicia._Comarcas_e_Concellos.png)
Poboación, superficie e concellos
editarA continuación detállase a poboación por comarcas en cada unha das catro provincias galegas:
Provincia da Coruña
editarDas 18 comarcas da provincia da Coruña, no ano 2020 é a comarca da Coruña a que ten máis poboación, con 406.873 habitantes, mentres que en último lugar estaría a comarca da Barcala, con 10.203 habitantes.
Provincia de Lugo
editarDentro da provincia lucense, no ano 2020 a capital e a súa comarca ocupan o primeiro posto con 118.955 habitantes; pola contra, a comarca de Fonsagrada é a menos poboada, con 4.830 habitantes.
Provincia de Ourense
editarNo ano 2020, na provincia de Ourense, a propia comarca de Ourense reunía máis da metade da poboación provincial, con 144.440 habitantes. A comarca da Terra de Caldelas é pola contra a menos poboada de provincia e de Galicia, con 2.764 habitantes.
Provincia de Pontevedra
editarA provincia de Pontevedra acolle no seu seo a bisbarra máis poboada da comunidade, a comarca de Vigo, con 426.834 habitantes no ano 2020. A comarca da Paradanta é a menos poboada da provincia, con 12.060 habitantes nese mesmo ano.
Notas
editar- ↑ Artigo 4.1 da Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-21.
- ↑ https://www.ige.gal/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=2&B=1&M=&COD=77&gnp=0&R=9915[15:1501:1502:1503:1504:1505:1506:1507:1508:1509:1510:1511:1512:1513:1514:1515:1516:1517:1518]&C=0[2019]&F=&S=1:0&SCF=#P2
- ↑ https://www.ige.gal/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=2&B=1&M=&COD=77&gnp=0&R=9915[27:2701:2702:2703:2704:2705:2706:2707:2708:2709:2710:2711:2712:2713]&C=0[2019]&F=&S=1:0&SCF=#P2
- ↑ https://www.ige.gal/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=2&B=1&M=&COD=77&gnp=0&R=9915[32:3201:3202:3203:3204:3205:3206:3207:3208:3209:3210:3211:3212]&C=0[2019]&F=&S=1:0&SCF=#P2
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-21.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- DECRETO 65/1997, do 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia (DOG nº 63, de 3.04.1997)