Boqueixón
Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña ![]() | ||||
Capital | O Forte ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.200 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 70,9 km² ![]() | ||||
Altitude | 289 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Manuel Fernández Munín ![]() | ||||
Eleccións municipais en Boqueixón ![]() | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15881 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15012 ![]() | ||||
Sitio web | boqueixon.com ![]() |
Demografía
editarSegundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 4.342 habitantes (4.462 no 2009, 4.437 no 2007, 4.406 no 2006, 4.378 no 2005, 4.337 no 2004, 4.263 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boqueixonés.[1]
Censo total 2014 | 4.342 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 532 (12.25 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.799 (64.46 %) |
Maiores de 65 anos | 1.011 (23.28 %) |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/gl/timeline/88ugj3f2sgrpctow3tlp5q6v9kjmcwa.png)
Evolución da poboación de Boqueixón Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.232 | 4.432 | 5.062 | 5.511 | 4.337 | 4.417 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
editarO concello de Boqueixón ten 73,2 km², e está situado na vertente dereita do río Ulla, nun sector do curso medio. Limita ao norte con Santiago de Compostela, ao leste co Pino, Touro e Vila de Cruces, ao sur con Silleda e A Estrada e ao oeste con Vedra. Forma parte do espazo morfolóxico estendido entre a Dorsal galega cara ao océano Atlántico, coa forma dun peneplano arrasado que descende suavemente de altitude.
Ten unha topografía suave, agás na zona oeste, onde ten formas máis abruptas e empinadas. Neste sector está o monte Castelo (498 m), e no sur está o Pico Sacro (534 m). As menores altitudes están na zona sueste, na parroquia de Ponte Ledesma, a 60 m.
Historia
editarToponimia
Gonzalo Navaza sinala na súa obra sobre a orixe do topónimo que[2]:
Boqueixón é topónimo único, de etimoloxía descoñecida. Admítese a posible rela-ción co substantivo común boca (latín bŭcca), que na toponimia pode designar pasos estreitos ou furnas e cavidades. É suxestiva a idea que vincula esa boca á cova do alto do Pico Sagro, a spelunca, quod ab antiquis vocitata erat Mons Illicinus (ano 1029, ‘a espe-nuca que os antigos chamaban Monte Ilicino’), in monte qui qondam Illicinus dictus est, post adventum sancti Iacobi Mons Sacer (ano 914, ‘no monte que nun tempo se chamou Ilicino e despois da chegada de Santiago foi Monte Sacro’). Non se pode descartar unha orixe prerromana. As atestacións medievais mostran que a forma do topónimo xa era hai mil anos prac-ticamente a mesma de hoxe: Buquesson, ano 914; Boiqueison, 914; Boqueigion, 1241; ecclesie sancti Vincentii de Boqueygion, 1241; Urracha Didaci de Boqueygion, 1241; Bo-queyon, 1291; ecclesie sancti Vincentii de Boqueyson, 1291.
Idade Media
Conta a Historia Compostelá escrita no século XII que Xelmírez tiña aquí un castelo no que tivo lugar unha das avinzas entre Dona Urraca e o seu fillo Alfonso VII[3]. En 1473 o Arcebispo Alonso de Fonseca mandou reconstruíla fortaleza, que parece ser fora destruída durante a revolta dos Irmandiños; para iso aproveitáronse os materiais do castelo da Rocha -ás portas de Santiago- e do mosteiro de San Sebastián -alí mesmo no Pico Sacro- do que só se salvou parte da capela. A intención de Alonso de Fonseca era contrarrestar o poder que desde a súa Torre de Cira alén do Ulla, exercía o Conde de Altamira.
Idade Contemporánea
O Concello de Boqueixón foi creado en 1836. En 1820 propúxose integrar as parroquias do actual concello no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar, e á súa vez distribuídas entre os concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. Porén, a proposta foi desestimada en 1821, suprimíndose o Partido e o Concello de Sar. Este último foi substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que agrupou a maioría das parroquias do Boqueixón actual xunto co de Vilar. Esta organización só durou ata 1823. En 1836 a Deputación Provincial da Coruña propuxo a división municipal para o Partido Xudicial de Santiago, figurando o concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se uniu en pouco tempo ao desaparecido concello de Conxo).
Patrimonio Relixioso
editarIgrexa de San Lourenzo da Granxa[4]. Construída no século XI. Posúe muros recebados e encalados deixando ao descuberto os perpiaños graníticos da fachada e os que enmarcan portas, xanelas e esquinas. Cuberta a dúas augas con tellado de tella. No seu interior ten retablos con imaxes e unha columna-sepulcro de reliquias de fins do s. IX- principios do s. X.. Foi construída por mandato do bispo Sisnando[5] e pertenceu ao mosteiro de San Sebastián do Pico Sacro.
Capela de San Sebastián[6]. Capela de planta rectangular con tellado a dúas augas que se levanta na ladeira sur do Pico Sacro e que foi reformada nos séculos XX e XIX. Entrada porticada sobre catro columnas asentadas sobre un muro de perpiaño que sosteñen un armazón de tellado a tres augas. Consérvase o altar do presbiterio pertencente a antiga construción do século XII. Na capela maior románica consérvanse un par de columnas que responden ao estilo mateano e que serven de apoio ao arco triunfal. A capela é o último vestixio do mosteiro de San Sebastián que o bispo Sisnando I mandou construír no século IX, concretamente no ano 911. A situación do mosteiro no cume do monte, e nun lugar moi agreste, facía imposible o cultivo da terra polo cal o mesmo bispo fixo contruír unha granxa no primeiro lugar fértil preto do mosteiro, para que os monxes puideran cultivar a terra, feito que deu o nome a parroquia da Granxa. Pasado o tempo xunto a esas construcións fíxose unha capela dedicada a San Lourenzo e que sería despois a igrexa parroquial, situada a 500 m. en liña recta ao leste desta capela no cumio do Pico Sacro.
Festas e celebracións
editar- Na parroquia de Lestedo celébrase a festa da filloa de Lestedo.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Boqueixón.
-
Casa particular
-
Igrexa de Nosa Señora de Lourdes
-
Pico Sacro
-
Cruceiro
Parroquias
editarLugares de Boqueixón
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Boqueixón vexa: Lugares de Boqueixón.
Notas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Navaza, Gonzalo (2021). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Sección de Lingua. Seminario de Onomástica. Real Academia Galega. p. 22. ISBN 978-84-17807-09-2.
- ↑ "Historia de las Tierras de Boqueixón" (PDF). SIOTUGA. Consultado o 11/05/2023.
- ↑ "Igrexa de San Lourenzo da Granxa". Turismo de Galicia. Consultado o 11/05/2023.
- ↑ "Parroquias do concello". Concello de Boqueixón. Consultado o 11/5/2023.
- ↑ "Capela de San Sebastián". Patrimonio Galego. Consultado o 11/05/2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boqueixón |
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |