Charles Chipiez nado en Écully o 11 de xaneiro de 1835 e finado en París o 9 de novembro de 1901 foi un arquitecto, historiador da arquitectura e exiptólogo francés do século XIX.[1] Profesor da Escola Especial de Arquitectura, ten entre os seus logros a construción da Escola Nacional de Formación Profesional Armentieres en 1887, a actual Escola de Educación Tecnolóxica Gustave Eiffel Armentieres.

Modelo:BiografíaCharles Chipiez
Biografía
Nacemento(fr) Jérôme Charles Chipiez Editar o valor en Wikidata
11 de xaneiro de 1835 Editar o valor en Wikidata
Écully, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 1901 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
6º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria da arquitectura, arquitectura e exiptoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, arqueólogo, historiador da arte, exiptólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSpecial School of Architecture (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosAlexandre Fournier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata


Debuxo de Persépole.

Traxectoria

editar

A finais do século XIX realizou xunto co arqueólogo Georges Perrot unha gran viaxe de estudos da arquitectura antiga co apoio da editorial Hachette. Esta viaxe levounos a través de Grecia,[2] Irán,[3] Exipto,[4][5]Turquía e outros países[6][7][8][9].

Realizan estudos na maioría dos monumentos arquitectónicos da antigüidade e moitas reconstrucións baseadas na observación coidadosa das esculturas e ruínas. Publican ao seu regreso unha obra en varios volumes dunha historia sintética da arquitectura antiga, con moitas ilustracións. A obra permanece inacabada por mor das mortes sucesivas de ambos. Despois da morte de Chipiez, Georges Perrot continuou escribindo e publicando só os dous últimos libros (volumes IX e X).[10]

Obras (escolma)

editar
  • 1876 - Historia crítica das orixes e formación das ordes gregas - Morel et Cie París.
  • Etruria - Roma - Paris - Hachette et Cie.
  • Con Georges Perrot, Historia da arte no Antigo Exipto, Asiria, Persia, Asia Menor, Grecia
  • 1882 - Tome I : L'Égypte. (Volume I: Exipto).
  • 1884 - Tome II : Chaldée et Assyrie (Volume II: Caldea e Asiria)
  • 1885 - Tome III : Phénicie, Cypre (Volume III: Fenicia, Chipre).
  • 1887 - Tome IV : Judée, Sardaigne, Syrie, Cappadoce. (Volume IV: Xudea, Sardeña, Siria, Capadocia).
  • 1890 - Tome V : Perse, Phrygie, Lydie et Carie, Lycie. (Volume V: Persia, Frigia, Lidia, Caria, Licia).
  • 1894 - Tome VI : La Grèce primitive. L'art mycénien. (Volume VI: A primitiva Grecia. Arte micénico).
  • 1898 - Tome VII : La Grèce de l'épopée. La Grèce archaïque (le temple). (Volume VII: a épica Grecia. A Grecia arcaica (o templo)).
  • 1903 - Tome VIII : La Grèce archaïque. La sculpture (Volume VIII: A Grecia arcaica. Escultura). 

Galería

editar
  1. "Charles Chipiez (1835-1901)". data.bnf.fr (en francés). Consultado o 2022-04-22. 
  2. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1894). History of Art in Primitive Greece: Mycenian Art, from the French of Georges Perrot and Charles Chipiez (en inglés). Chapman and Hall. 
  3. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1892). History of Art in Persia: From the French of Georges Perrot and Charles Chipiez (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  4. Georges Perrot, Charles Chipiez (1883). A History of Art in Ancient Egypt (en English). Chapman and Hall , limited. 
  5. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1883). A History of Art in Ancient Egypt (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  6. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1885). History of Art in Phœnicia and Its Dependencies (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  7. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1884). A History of Art in Chaldæa & Assyria (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  8. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1892). History of Art in Phrygia, Lydia, Caria, and Lycia (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  9. Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1890). History of Art in Sardinia, Judaea, Syria, and Asia Minor (en inglés). Chapman and Hall, limited. 
  10. "Charles Chipiez (1835-1901)". data.bnf.fr (en francés). Consultado o 2022-04-22. 

Véxase tamén

editar