Arquitecto, arquitecta
Unha arquitecta ou un arquitecto[1] é unha persoa que planifica, proxecta e supervisa a construción de edificios.[2] Practicar a arquitectura implica prestar servizos relacionados co deseño de edificios e o espazo dentro do recinto que rodea os edificios que teñen como finalidade principal a ocupación ou o uso humano.[3] Etimoloxicamente, o termo arquitecto deriva do latín architectus,[4] que deriva do grego[5] (ἀρχι arkhi, xefe + τέκτων téktōn, construtor), é dicir, xefe de obras.[6]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/f/fb/Architect.png/250px-Architect.png)
Os requisitos profesionais dos arquitectos varían dun lugar a outro. As decisións dun arquitecto afectan a seguridade pública e, polo tanto, o arquitecto debe someterse a unha formación especializada consistente en estudos avanzados[7] e a experiencia práctica para obter unha licenza para exercer a profesión.
Orixe
editarAo longo da historia antiga e medieval, a maioría dos deseños e construcións arquitectónicas foron realizados por artesáns, como canteiros e carpinteiros, que ascenderon ao papel de mestres de obras. Ata os tempos modernos, non había unha distinción clara entre arquitecto e enxeñeiro. En Europa, os títulos de arquitecto e enxeñeiro eran principalmente variacións xeográficas que se referían á mesma persoa, moitas veces usadas indistintamente.[8][9]
Suxírese que varios desenvolvementos en tecnoloxía e matemáticas permitiron o desenvolvemento do arquitecto profesional, separado do artesán práctico. O papel non se empregou en Europa para debuxar ata o século XV, mais despois de 1500 cada vez estaba máis dispoñible. Os lapis usáronse para debuxar contra 1600. A dispoñibilidade de papel e lapis permitiu que os profesionais fixesen debuxos previos á construción.[10] Ao mesmo tempo, a introdución da perspectiva linear e innovacións como o uso de diferentes proxeccións para describir un edificio tridimensional en dúas dimensións, xunto cunha maior comprensión da precisión dimensional, axudaron os deseñadores de edificios a expresar as súas ideas.[10] Non obstante, o desenvolvemento foi gradual e lento. Ata o século XVIII, os edificios continuaron sendo deseñados e montados por artesáns, con excepción dos proxectos de alto status.[10][11]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arquitecto, arquitecta.
- ↑ "What's the difference between an architect and a building designer?". BUILD (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-03-02. Consultado o 2021-03-03.
- ↑ "The Nova Scotia Legislature". Office of the Legislative Counsel. Nova Scotia House of Assembly. 2006. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 8 de marzo de 2019.
- ↑ "Etymology in Architecture: Tracing the Language of Design to its Roots". ArchDaily (en inglés). 2018-07-30. Arquivado dende o orixinal o 2021-05-26. Consultado o 2021-03-03.
- ↑ "The Meaning of the Word Architect | The History of Design-Build". New England Design & Construction (en inglés). 2019-10-24. Arquivado dende o orixinal o 2021-05-26. Consultado o 2021-03-03.
- ↑ Harper, Douglas. "architect". Online Etymology Dictionary (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2022. Consultado o 5 de decembro de 2022.
- ↑ Czcibor-Piotrowski, Andrzej (2000). "The Profession and Discipline of Architecture: Practice and Education". Discipline of Architecture (en inglés). University of Minnesota Press. p. 293. ISBN 978-0-8166-3665-5. JSTOR 10.5749/j.cttttqm2.18.
- ↑ Murray, Peter (1986). Burckhardt, Jacob, ed. The Architecture of the Italian Renaissance. Knopf Doubleday Publishing Group. p. 242. ISBN 0-8052-1082-2.
- ↑ "Civil Engineering Defined - Civil Engineering Definitions and History". SMW Engineering Group, Inc. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2019.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Pacey, Arnold (2007). Medieval Architectural Drawing: English Craftsmen's Methods and Their Later Persistence (c.1200–1700). Stroud: Tempus Publishing. pp. 225–227. ISBN 978-0-7524-4404-8. Arquivado dende o orixinal o 2023-12-10. Consultado o 2019-08-20.
- ↑ Vardhan, Harsh. "Different types of work by architects". Archibuddy. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2018. Consultado o 17 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Gran diccionario de arquitectos El Poder de la Palabra