Chaira do norte da China
A chaira do norte da China (en chinés tradicional 華北平原; en chinés simplificado 华北平原; en pinyin Huáběi Píngyuán), situada no nordés da China, é unha ampla rexión xeográfica formada polos sedimentos dos ríos Amarelo e Huai, que chegan a ter ata 900 metros de profundidade. É a maior chaira aluvial da Asia oriental e unha das zonas máis densamente poboadas do mundo.
Tipo | chaira ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | República Popular da China ![]() | |||
| ||||
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/81/Northern_China_-_Envisat.jpg/300px-Northern_China_-_Envisat.jpg)
Xeografía
editarEstá delimitada polas montañas Yan polo norte, e polas Taihang polo oeste. Cara ao sur únese coa chaira do río Yangtzé. Dende o nordés ata o sueste, chega ata as costas dos mares de Bohai e Amarelo. O río Amarelo flúe pola chaira ata a súa desembocadura no mar de Bohai. No límite noroeste da chaira atópase Pequín e na súa costa nordés Tianjin. A maior parte da chaira atópase a menos de 50 metros de altura sobre o nivel do mar.
Economía
editarA chaira do norte da China é a zona de maior produción de sorgo, millo miúdo, millo e algodón de toda a República Popular da China. Tamén se cultiva trigo, sésamo, cacahuete e tabaco. Conta con importantes xacementos petrolíferos en Dagang (Tianjin) e en Shengli (Shandong).
Importancia na historia da China
editarA xeografía da chaira tivo profundas implicacións culturais e políticas dende hai miles de anos. Ao contrario que o sur da China, esta zona non está dividida por montañas ou ríos, polo que as comunicacións dacabalo eran rápidas, o que fixeron que o centro político da China tendese a localizarse nesta área. Como resultado, tamén a fala da zona é relativamente uniforme en contraste coa plétora de dialectos do sur do país.[1] Xa antes da dinastía Qin, Luoyang e as súas áreas próximas eran consideradas "o centro do mundo". A sede política da dinastía Xia localizábase ao redor de Songshan e o val do río Yiluo.
Debido a que o fértil chan da chaira se une gradualmente coas estepas e os desertos da Asia Central, sen barreiras naturais entre as distintas rexións, a zona foi propensa ás invasións procedentes desa zona e tamén de Manchuria, o que levou á construción da Gran Muralla Chinesa.
Aínda que o seu chan é fértil, o tempo é impredicible, xa que se atopa nun punto de intersección entre os ventos húmidos do Pacífico e os secos do interior, o cal provoca alternativamente tanto secas como inundacións. Estas chegan a ter consecuencias desastrosas cando os diques de contención dos ríos sofren danos. En opinión de moitos historiadores, estes factores fomentaron o desenvolvemento dun estado chinés centralizado co fin de manter abastecidos os almacéns de gran e de manter as obras hidráulicas e as fortificaciones construídas como defensa contra os pobos da estepa.
Notas
editar- ↑ Ramsey, S. Robert, The Languages of China. Princeton University Press (1987), páx. 19-26.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: China |
Ligazóns externas
editar- Imaxes de satélite do Foreign Agricultural Service dos Estados Unidos.
- The North China Plain Agriculture Project (NCPA) Arquivado 03 de xuño de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Encyclopædia Britannica: "North China Plain"