Mar Amarelo
O mar Amarelo ou Mar Occidental é a parte norte do mar da China, que á súa vez é un mar menor do océano Pacífico. Atópase entre a China continental e a península de Corea. O seu nome provén das partículas de area que lle dan esa cor característica e que chegan do río Amarelo.
(zh-cn) 黄海 (ko) 황해 | |||||
Tipo | mar | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Amarelo | ||||
Parte de | Océano Pacífico | ||||
Localización | |||||
País da cunca | República Popular da China, Corea do Norte e Corea do Sur | ||||
| |||||
Afluentes | Geum River (en) ,Rio Han (pt) ,río Liao ,Yeongsan River (en) ,Rio Ch'ŏngch'ŏn (pt) ,Daliao River (en) ,Shu River (en) ,Yalu River (en) ,Yihe (en) | ||||
Características | |||||
Profundidade | 152 m | ||||
Superficie | 380.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Volume físico | 17 km³ | ||||
A baía máis interior do mar Amarelo recibe o nome de mar de Bohai (antes coñecido coma baía de Pechihli ou baía de Chihli). Aquí desembocan o río Amarelo (a través da provincia de Xandón e a súa capital Jinan) e o Hai He (a través de Beixín e Tianxín).
A baía de Liaodón, entre a provincia chinesa de Liaonín e o noroeste de Corea do Norte tamén fai parte do mar Amarelo. O mar de Bohai e a baía de Liaodón están separados pola península de Liaodón, con Dalian no seu punto máis ó sur.
Contorno
editarAs marismas intermareais do mar Amarelo son de grande importancia para a migración das aves e dos paxaros de praia. As investigacións sinalan que esta área é o espazo máis importante para este tipo de paxaros limícolas na súa migración cara ó norte en todo o voo Asia Oriental - Australasia, por onde como mínimo pasan de cada vez dous millóns de aves e a metade na migración cara ao sur.
Xeografía
editarA extensión setentrional do Mar Amarelo chámase Baía de Corea.
O Mar Amarelo é un dos catro mares nomeados co termo dunha cor común, os outros son o Mar Negro, o Mar Vermello e o Mar Branco.
Extensión
editarA Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Amarelo (que tamén se coñece como "Hwang Hai") do seguinte xeito:[1]
- "No sur". O paralelo de 33° 17' norte desde Saisyu To (Quelpart) [agora coñecido como Jeju-do] á China continental.
- "No sueste". Desde o extremo occidental de Quelpart ata Ka Nyo ou illa Pinnacle Oeste (34°13'N) no grupo Mengoru, desde alí cara ao punto norte de Oku To (34°22'N), ata a punta oeste das illas Small South Stone (Syo-Zyonan To) e a punta norte da illa Great South Stone (Zyonan To) (34°24'N) ata un punto da costa da Tin To (34°25'N) ao longo da costa noroeste desta illa ata o extremo norte da mesma, e desde alí nunha liña cara ao nordés cara á parte continental de Tyosen (Corea).
Notas
editar- ↑ "Limits of Oceans and Seas" (PDF) (3rd ed.). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Amarelo |
Bibliografía
editar- Barter, M.A. (2002). Shorebirds of the Yellow Sea - importance, threats and conservation status. Wetlands International Global Series 9. International Wader Studies 12. Canberra.
- Barter, M.A. (2005). Yellow Sea - driven priorities for Australian shorebird researchers. pp. 158–160 in: "Status and Conservation of Shorebirds in the East Asian - Australasian Flyway". Proceedings of the Australasian Shorebird Conference, 13-15 de decembro de 2003, Canberra, Australia. International Wader Studies 17. Sydney.