Carl Reichenbach
Carl (ou Karl) Ludwig von Reichenbach, nado en Stuttgart o 19 de xaneiro de 1869, e finado o 19 de xaneiro de 1869 en Leipzig, foi un químico, xeólogo, metalúrxico, naturalista, industrial e filósofo, e membro da Academia de Ciencias de Prusia, que é máis coñecido polos seus descubrimentos de varios produtos químicos de importancia económica, extraídos do alcatrán, como a eupiona, a parafina cerosa, o pitacal (a primeira tintura sintética) e o fenol (un antiséptico). Tamén dedicou os seus últimos anos a investigar un campo da enerxía non probado daquela, que combina a electricidade, o magnetismo e a calor, emanado de todos os seres vivos, ao que chamou forza ódica.[1]
Carl Ludwig von Reichenbach | |
Nome orixinal | Karl Ludwig Freiherr von Reichenbach |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de febreiro de 1788 Stuttgart |
Morte | 19 de xaneiro de 1869 Leipzig |
País de nacionalidade | alemá |
Formación profesional | Doutor en Filosofía |
Educación | Universidade de Tubinga |
Q89547790 | Vexase o texto |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Ocupación | químico, xeólogo, metalúrxico, naturalista, industrial e filósofo |
Empregador | Academia de Ciencias de Prusia |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | C.Rchb. |
Outro | |
Título | Barón |
Fillos | Hermine von Reichenbach |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih, |
Traxectoria
editarVida
editarReichenbach, á idade de 16 anos concibiu a idea de establecer un novo estado alemán nunha das illas dos Mares do Sur e, durante cinco anos, dedicouse a este proxecto.
Estudou na Universidade de Tubinga, onde obtivo o grao de Doutor en Filosofía. Posteriormente, dirixiu a súa atención á aplicación da ciencia ás artes industriais, visitou fábricas de varios tipos, e metalúrxicas en Francia e Alemaña, e estableceu a súa primeira empresa metalúrxica moderna, con forxas propias en Villingen e Hausach, na rexión da Selva Negra, no sur de Alemaña e, máis tarde, en Baden, na Baixa Saxonia, preto de Bremen.
Contribucións científicas
editarReichenbach realizou investigacións científicas orixinais en moitas áreas. A primeira monografía xeolóxica que apareceu en Austria foi a súa Geologische Mitteilungen aus Mähren (Viena, 1834).[1]
A súa posición como xefe das grandes fábricas químicas, fornos de ferro e talleres de máquinas da gran propiedade do conde Hugo garantiulle excelentes oportunidades para realizar investigacións experimentais a grande escala. De 1830 a 1834 investigou produtos complexos da destilación de substancias orgánicas como o alcatrán de hulla e de madeira, descubrindo unha serie de valiosos compostos de hidrocarburos, entre eles a creosota, a parafina, o eupione e o fenol (antisépticos), o pitacal e o cidreret (colorantes sintéticos), o picamar (unha base de perfume), o assamar, o capnomor e outros. Baixo o nome de eupione, Reichenbach incluíu a mestura de aceites de hidrocarburos que agora se coñecen como aceites de parafina cerosa ou de carbón. No seu artigo no que se describe a substancia, publicado por primeira vez no Neues Jahrbuch der Chemie und Physik, detívose na importancia económica desta e das súas parafinas asociadas, sempre que se establezan os métodos para separalas de forma barata dos compostos betuminosos naturais.[1]
O magnetismo terrestre
editarReichenbach ampliou o traballo de científicos anteriores, como Galileo Galilei, quen cría que o eixe da Terra estaba conectado magneticamente a unha forza central universal no espazo, ao concluír que o magnetismo terrestre provén do ferro magnético, que se pode atopar nos meteoritos. O seu razoamento foi que os meteoritos e os planetas son iguais, e non importa o tamaño do meteorito, a existencia polar pódese atopar no obxecto. Isto foi considerado concluínte pola comunidade científica no século XIX.
A forza ódica
editarEn 1839 Von Reichenbach retirouse da industria e entrou nunha investigación sobre a patoloxía do sistema nervioso humano. Estudou a neurastenia, o somnambulismo, a histeria e a fobia, acreditando informes de que estas condicións estaban afectadas pola Lúa. Despois de entrevistar a moitos pacientes, descartou moitas causas e curas, pero concluíu que tales enfermidades tendían a afectar a persoas cuxas facultades sensoriais eran infrecuentemente vivas. A estes chamou "sensíbeis".[2]
Influído polos traballos de Franz Anton Mesmer formulou a hipótese de que a condición podía verse afectada polo electromagnetismo ambiental, pero finalmente as súas investigacións levárono a propoñer unha nova forza imponderábel liagda ao magnetismo, que pensaba que era unha emanación da maioría das substancias, unha especie de "principio de vida" que impregna e conecta todos os seres vivos. A esta manifestación vitalista deulle o nome de forza ódica.[3]
Algunhas publicacións
editar- Das Kreosot: ein neuentdeckter Bestandtheil des gemeinen Rauches, des Holzessigs und aller Arten von Theer. 1833
- Geologische Mitteilungen aus Marhen. 1834
- Die Dynamide des Magnetismus. 1840
- Physikalisch-physiologische Untersuchungen über die Dynamide des Magnetismus, der Elektrizität, der Wärme, des Lichtes, der Krystallisation, des Chemismus in ihren Beziehungen zur Lebenskraft. Tomo 1 + tomo 2. Braunschweig, 1850
- Odisch-Magnetische Briefe. Stuttgart 1852, 1856; Ulm 1955
- Der sensitive Mensch und sein Verhalten zum Ode. Stuttgart e Tibinga (tomo 1 1854 + tomo 2, 1855
- Odische Erweiterungen. 1856
- Köhierglaube und Afterwissenschaft. 1856
- Wer ist sensitiv, wer nicht Viena, 1856
- Odische Erwiederungen an die Herren Professoren Fortlage, Schleiden, Fechner und Hofrath Carus Viena, 1856
- Die Pflanzenwelt in ihren Beziehungen zur Sensitivität und zum Ode Viena, 1858
- Odische Begebenheiten zu Berlin in den Jahren 1861 und 1862Arquivado 14 de outubro de 2009 en Wayback Machine. Berlín, 1862
- Aphorismen über Sensibilität und Od. Viena, 1866
- Die Odische Lohe und einige Bewegungserscheinungen als neuentdeckte Formen des odischen Princips in der Natur Viena, 1867
Honores
editarEpónimos
editar- (Apiaceae) Cnidium reichenbachii Huter ex Nyman.[4]
- (Asteraceae) Centaurea reichenbachii Hayek.[5]
- (Cyperaceae) Carex reichenbachii Kük.Pflanzenr. (Engler) Cyperac.-Caricoid. 138. 1909 (IK).</ref>
Abreviaturas
editarA abreviatura C.Rchb. úsase para indicar a Carl Reichenbach como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[6]
A abreviatura Reichenbach emprégase para recoñecer a Carl Reichenbach como autotridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Reichenbach, Karl. En The New American Cyclopedia, 1863.
- ↑ Odic-Magnetic Letters - 1859. archive.org. New York: C. Blanchard, 1860.
- ↑ Gerry Vassilatos (2000): Lost Science. Adventures Unlimited Press. ISBN 978-0-9328-1375-6.
- ↑ Consp. Fl. Eur. Suppl¡. 2 (1): 140. 1889 (IK).
- ↑ Denkschr. Kaiserl. Akad. Wiss., Wien. Math.-Naturwiss.`` Kl. lxx. 714. 1901.
- ↑ C.Rchb. – Carl (Karl) Ludwig von Reichenbach (1788-1869) no IPNI.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Carl Reichenbach |
Ligazóns externas
editar- Mineralogische Schau und Lehrsammlung in Tübingen (en alemán)
- Estudos de Magnetismo, Electricidade, Calor e Luz nas súas relacións coas Forzas Vitais. Cornell University. (en inglés)
- Artigo de Freiherr Ritter Karl von Reichenbach Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine., en Polytechnisches Journal (en inglés)