O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994 foi a 45ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 37ª Copa Internacional de Construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 27 de marzo e finalizaron o 13 de novembro.
A tempada é recordada como unha das tempadas máis tráxicas e controvertidas da década de 1990, se non na historia do deporte. 1994 foi un dos campionatos máis competidos da historia Michael Schumacher gañou o título de pilotos por un só punto a Damon Hill logo de dúas polémicas colisións entre ambos na carreira final en Adelaida. O construtor británico Williams-Renault gañou o Campionato de Construtores. Con todo, a tempada de 1994 tamén será recordada pola morte do tres veces Campión do Mundo Ayrton Senna e do austríaco Roland Ratzenberger no GP de San Marino. Corenta e seis pilotos competiron no Campionato do Mundo de 1994, incluíndo catorce condutores novatos e numerosos pilotos privados. Mercedes-Benz tamén regresou ao deporte por primeira vez desde a tempada de Fórmula 1 de 1955 como fornecedor de motores para o equipo suízo, Sauber. A tempada tamén viu a primeira vitoria para Ferrari desde 1990, mentres que McLaren non puido gañar unha soa carreira logo da marcha de Senna, antes de embarcarse nunha asociación a longo prazo con Mercedes.
O Gran Premio da Arxentina estableceuse no calendario para o 16 de outubro, pero foi cancelado, a pista que estaba en proceso de modernización desde 1991, non se rematou a tempo. A carreira trasladouse a Xeréz para converterse no Gran Premio de Europa.
Piloto de probas dos venres (PP) (desde 2003 en diante)
En branco
Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)
Negra – Pole Cursiva – Volta rápida
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.