Paulo II Pedro al-Mauxi
Paulo II Pedro al-Mauxi[1] (en árabe: بولس بطرس المعوشي, Bulus Butrus al-Mauxi), nado en Xasin (Líbano) o 1 de abril de 1894 e finado o 11 de xaneiro de 1975, foi o 74º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 25 de maio de 1955 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita. Foi tamén cardeal da Igrexa Católica dende 1965.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1894 Xasin (Imperio Otomán) |
Morte | 11 de xaneiro de 1975 (80 anos) Beirut, Líbano |
Cardeal | |
22 de febreiro de 1965 – | |
Bispo diocesano | |
29 de abril de 1934 – ← Chucrallah Khoury (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica maronita |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1934–), sacerdote católico (1917–) |
Consagración | Antón I Pedro Arida |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarNaceu en Xasin (entón no mutasarrifato do Monte Líbano, hoxe na gobernación do Líbano Meridional, no Líbano) o 1 de abril de 1894.[2] Estudou na escola dos alepianos de Dair al-Qamar e posteriormente na escola Al-Hikma de Beirut, e posteriormente estudou Teoloxía e Filosofía na Pontificia Universidade Gregoriana en Roma. Foi ordenado sacerdote en 1917 en Roma, onde permaneceu até a súa volta ao Líbano en 1919. En 1920 o patriarca Elías Pedro Huayik enviouno xunto co bispo Xukrala Khuri aos Estados Unidos como visitador patriarcal, e até 1934 exerceu o seu ministerio en varias parroquias maronitas dos Estados Unidos de América.[3]
Episcopado e elección patriarcal
editarEn 1934 foi elixido bispo de Tiro.[3] En 1955 foi nomeado patriarca de Antioquía e todo o Levante por decreto do papa Pío XII, sendo a primeira vez en que o patriarca maronita era directamente elixido por un papa.[3]
Patriarcado
editarComo patriarca, participou nos traballos do Concilio Vaticano Segundo entre 1963 e 1965, onde tivo un papel significativo na defensa da xurisdición patriarcal sobre os fieis na diáspora, fóra do territorio patriarcal. Antes da conclusión do concilio, o 22 de febreiro de 1965 foi creado cardeal polo papa Paulo VI.[3]
Polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo).[4]
Notas
editar- ↑ Tamén escrito adaptado ao francés: Pierre-Paul Méouchi, Paul Pierre Méouchi.
- ↑ The Catholic Directory, Ecclesiastical Register and Almanac (en inglés). Burns and Oates. 1968. p. 23.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Heravi, Mehdi, ed. (1973). Concise encyclopedia of the Middle East. Public Affairs Press. p. 201.
- ↑ Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 12. OCLC 9237479.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Code, Joseph Bernard (1964). Dictionary of the American Hierarchy (1789-1964). Nova York: Joseph F. Wagner. pp. 200–201.
- Irani, George Emile (2006). Domenico, Roy P.; Hanley, Mark Y., ed. Encyclopedia of Modern Christian Politics. Greenwood Publishing Group. pp. 370–371.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Xukrala al-Khuri |
Bispo de Tiro 1934 - 1955 |
Sucesor: Michel Doumith |
Predecesor: Antón I Pedro Arida |
Patriarca de Antioquía e todo o Levante 1955 - 1075 |
Sucesor: Antón II Pedro Khuraix |