Antón II Pedro Khuraix
Antón II Pedro Khuraix[1] (en árabe: أنطون بطرس خريش), nado en Ain Ibil (Líbano) o 20 de setembro de 1907 e finado en Beirut o 19 de agosto de 1994, foi o 75º Patriarca de Antioquía e de todo Levante da Igrexa Católica Maronita dende o 3 de febreiro de 1975 até o 3 de abril de 1986.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1907 Ain Ibil, Líbano |
Morte | 19 de agosto de 1994 (86 anos) Beirut, Líbano |
Cardeal | |
2 de febreiro de 1983 – | |
Bispo diocesano | |
25 de novembro de 1957 – ← Augustin Bostani (en) – Ibrahim Hélou (en) → Diocese: Maronite Catholic Eparchy of Sidon (en) | |
Bispo auxiliar | |
25 de abril de 1950 – Diocese: Maronite Catholic Eparchy of Sidon (en) | |
Bispo titular | |
25 de abril de 1950 – Diocese: Tarsus dei Maroniti (en) | |
Patriarca de Antioquía dos maronitas | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica maronita |
Educación | Universidade San Xosé Pontificia Universidade Urbaniana |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1950–), sacerdote católico (1930–), profesor universitario |
Consagración | Antón I Pedro Arida |
Traxectoria
editarAntun Khuraix naceu o 20 de setembro de 1907 en Ain Ibil, no distrito de Bint Xubail da gobernación de Nabatia.[2] Estudou no seminario patriarcal de Tiro e na Pontificia Universidade Urbaniana de Roma, e posteriormente doutorouse en Filosofía pola Universidade San Xosé de Beirut.[2] O 12 de abril de 1930 foi ordenado sacerdote.[2]
Entre 1940 e 1950 foi vigairo xeral da arquieparquía de Tiro. O 25 de abril de 1950 foi nomeado bispo auxiliar de Sidón e bispo titular de Tarso dos Maronitas.[2] Recibiu a consagración episcopal o 15 de outubro de mans do patriarca de Antioquía Antón I Pedro Arida. O 25 de novembro de 1957 pasou a ser bispo de Sidón.[2]
O 3 de febreiro de 1975 foi elixido Patriarca de Antioquía. O 17 de febreiro do mesmo ano Paulo VI concedeulle a comuñón eclesiástica, e polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo).[3] O 2 de febreiro de 1983 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal.[2] Como patriarca foi un infatigable impulsor de todas as iniciativas de paz na rexión para tratar de solucionar o conflito árabe-israelí.[4]
Retirouse o 3 de abril de 1986, e finou en Beirut logo dunha longa doenza o 19 de agosto de 1994.[2]
Notas
editar- ↑ Tamén Khoraiche, Koraiche, Khoraish, Khreich, Khraish, Koreiche, Khoraisz.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Lentz, Harris M. (2002). Popes and Cardinals of the 20th Century: A Biographical Dictionary. McFarland & Company. pp. 98-99. ISBN 9780786410941.
- ↑ Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 12. OCLC 9237479.
- ↑ Gil, Eusebio (2001). Del desencuentro a la comprensión: Israel-Jerusalén-Iglesia Católica. Universidade Pontifica Comillas. p. 131. ISBN 9788484680239.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Paulo II Pedro al-Mauxi |
Patriarca de Antioquía e todo o Levante 1975 - 1986 |
Sucesor: Nasrala Pedro Sufair |