Bufóns de Pría
Os bufóns de Pría son unha formación natural que se atopan na localidade asturiana de Llames, na parroquia de Pría, no concello de Llanes. Están integrados dentro da Paisaxe Protexida da Mariña Oriental de Asturias.[1]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/b4/29_BUFONES_DE_PRIA_02NOV12.jpg/220px-29_BUFONES_DE_PRIA_02NOV12.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/81/Inmediaci%C3%B3ns_dos_buf%C3%B3ns_de_Pr%C3%ADa%2C_Llanes_%28Asturias%29.jpg/220px-Inmediaci%C3%B3ns_dos_buf%C3%B3ns_de_Pr%C3%ADa%2C_Llanes_%28Asturias%29.jpg)
Un bufón é unha formación cárstica que consiste nun furado vertical a poucos metros da beira dun cantil de rocha calcaria e que inferiormente comunica co mar. Cando a marea sobe e as ondas baten con forza, exulsa un chorro de auga de mar pulverizada, o que provoca un son característico que lle dá o nome ao bufón. A columna de auga pulverizada pode acadar máis de 10 metros de altitude e o bufido oírse a varios quilómetros.
Galería
editar-
Bufón.
-
Bufón expulsando auga pulverizada.
-
Bufón case en repouso.
-
Vista xeral.
-
Bufón e ondas batendo no cantil.
-
Vista dos cantís ao pé dos bufóns.
-
Vista dos cantís ao pé dos bufóns.
Notas
editar- ↑ "Decreto 38/94, de 19 de maio, polo que se aproba o Plan de Ordenación dos recursos naturais do Principado de Asturias" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2020.