Praia de Gulpiyuri
A praia de Gulpiyuri é unha pequena praia situada no concello de Llanes, en Asturias. Atópase ao norte da aldea de Naves, a metade de camiño entre as localidades de Ribeseya e Llanes. Foi declarada monumento natural o 26 de decembro de 2001, ademais de formar parte da Paisaxe Protexida da Costa Oriental de Asturias.
Tipo | praia espazo natural protexido monumento natural de España ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Llanes, España e Naves, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 3,80068 ha ![]() | |||
IUCN categoría III: Monumento Natural | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2001 ![]() | |||
Trátase dunha pequena praia de mar pero situada terra dentro, entre verdes prados agrícolas. Nunha costa acantilada de roca calcaria o mar foi creando unha cova cara ao interior e o fondo da cova afundiuse (un fenómeno kárstico coñecido como dolina), deixando un pequeno oco circular duns 50 m de diámetro a 100 m da costa. Este afundimento segue conectado coa costa e entra a auga de mar, notándose tamén as mareas e dispoñendo dunha praia de fina area.
Só se pode acceder camiñando desde a praia de San Antolín ou desde Naves e o seu illamento permitiu a relativamente boa conservación desta pequena praia. A profundidade e o tamaño da zona de auga non permite máis que poder remollarse tombado, pero está ben protexida do vento.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia de Gulpiyuri ![]() |