Bandeira de Zimbabwe
bandeira nacional de Zimbabwe
A bandeira de Zimbabwe foi adoptada o 18 de abril de 1980, no momento da independencia do novo estado. Antes de 1980 era unha colonia británica nomeada Rodesia (e antigamente Rodesia do Sur, para diferenciala de Rodesia do Norte, que máis tarde se convertería en Zambia) e durante un tempo nomeouse Zimbabwe-Rodesia.
Bandeira de Zimbabwe | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 18 de abril de 1980 |
Cores | Verde Amarelo Vermello Negro Branco |
Cores e significado
editarA bandeira ten as cores empregadas polo ZANU, o partido do presidente Robert Mugabe. Tamén ten o paxaro emblemático do monumento nacional do Gran Zimbabwe, nas ruínas da cidade de Zimbabwe (simbolizando a historia do país), a estrela vermella marxista (simbolizando a loita revolucionaria), o triángulo branco simbolizando a paz e as franxas de cores significan:
- Verde: a agricultura e as áreas rurais do país.
- Amarelo: a riqueza mineral de Zimbabwe
- Vermello: o sangue derramado nas guerras pola liberación.
- Negro: o patrimonio das etnias nativas africanas.[1]
Bandeiras históricas
editarNotas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarCategoría:Bandeiras con animais