Antònia Bardolet
Antònia Bardolet i Boix, nada en Vic, Osona o 11 de decembro de 1877, e finada en Borredà, Berguedà o 17 de decembro de 1956,[1] foi unha escritora e feminista catalá.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Antònia Bardolet i Boix ![]() 11 de decembro de 1877 ![]() Vic, España ![]() |
Morte | 17 de decembro de 1956 ![]() Borredà, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tradutora, esperantista ![]() |
Descrito pola fonte | Nou diccionari de la literatura catalana ![]() |
Traxectoria
editarDe formación autodidacta, foi unha gran defensora do esperanto. Motivada por unha forte conciencia social, loitou polos dereitos fundamentais das mulleres e pola cultura do país, o que a levou a abandeirar máis dunha manifestación defendendo unha serie de principios patrióticos. O seu fogar foi durante anos punto de faladoiros e encontros intelectuais. Os seus primeiros escritos en verso apareceron en publicacións periódicas como Gaceta Montañes de Vic e en Feminal de Barcelona. Dedicou a maior parte da súa obra a escribir en prosa. Na Biblioteca d'autors vigatans, publicou a recompilación de narracións sobre psicoloxía feminina Siluetes femenines (1918), algunhas das cales apareceron máis tarde en Lectura Popular. En 1918 publicou algunhas traducións do inglés en revistas, a máis notoria das cales é a novela da estadounidense Margaret Ellen Henry Ruffin El defensor del silenci, publicada na Revista de Vich. Ao longo da súa carreira literaria, Bardolet obtivo algúns premios en diversos certames. A súa afección á astronomía fíxoa colaborar nos estudos que o ilustre astrónomo José Pratdesaba desenvolvía no seu observatorio particular de Vic.[1]
Obra
editar- Tradución: El defensor del silenci (1918). Vic: Revista de Vic.
- Prosa: Justícia de Déu. Resignació crudel (1921?). Barcelona: Lectura Popular, v. XXI, núm. 352.
- Narracións: Siluetes Femenines (1918). Vic: Gazeta Montañesa, Biblioteca d’Autors Vigatans, XI.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antònia Bardolet |
Bibliografía
editar- Matheu, Francesc (1921?). '"Lectura popular". Il·lustració Catalana, núm. 21. Barcelona.
- Pinyol, Ramon (2006). "Les escriptores catalanes vuitcentistes i la traducció". Quaderns Crema, Revista de la traducció, núm. 13, pp. 67-75. Barcelona.
- Catàleg de la Biblioteca de Catalunya. Fichas electrónicas. Consulta: 22/09/09.