Anacleto Valencia Lama
empresario galego
Anacleto Valencia Lama, nado en Garabelos (Baltar) en 1876 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1933, foi un empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1876 ![]() Garabelos, España ![]() |
Morte | 31 de outubro de 1933 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empresario ![]() |
Familia | |
Fillos | Olimpia Valencia ![]() |
Traxectoria
editarFoi o primeiro fillo de José Valencia e Sabina Lama, unha familia de labregos propietarios de Garabelos. En 1910 trasladouse a Vigo, foi axente de embarques,[1][2] e montou un hotel na Praza da Constitución en 1912,[3] o que despois sería o Hotel Roma.[4] Finou en Vigo o 31 de outubro de 1933.[5][6]
Vida persoal
editarCasou con Teresa López Mandianes e foi pai de Olimpia Valencia.