Ana Pastor García
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ana Pastor García, nada en Madrid o 9 de decembro de 1977, é unha xornalista e presentadora de radio e televisión española.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1977 (47 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade San Pablo CEU |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentadora de televisión, directora de cinema |
Período de actividade | 1997 - |
Empregador | La Sexta CNN International CNN en Español (pt) 59 segundos (pt) El Periódico de Catalunya Los desayunos de TVE Cadena SER |
Familia | |
Cónxuxe | Antonio García Ferreras |
Aínda que ten un labor prolongado como xornalista, deuse a coñecer ao público en xeral polo seu labor en Televisión Española como presentadora do programa Los desayunos de TVE entre 2009 e 2012.
Traxectoria
editarLicenciada en Xornalismo pola Universidade CEU San Pablo. Traballou en prensa escrita, televisión, en Radio Nacional de España e na axencia EFE.
Cadena SER
editarEn 1999 Ana Pastor comezou a traballar para a Cadena SER. Alí formou parte do equipo de Iñaki Gabilondo e especializouse en información internacional. Foi enviada especial no desastre do tsunami do sueste asiático e os atentados do 7-X de Londres, e cubriu informacións en Paquistán, Afganistán, Níxer, Senegal, Guinea Ecuatorial, Gambia, Liberia e Serra Leoa.
Ademais, dirixiu e presentou o programa semanal de actualidade Punto de fuga, onde entrevistou a xente como Ellen Johnson-Sirleaf, presidenta de Liberia ou a expresidenta de Irlanda e premio Príncipe de Asturias Mary Robinson.[1]
RTVE
editarEn setembro de 2006 foi fichada para presentar o programa de TVE 59 segundos, no que os participantes teñen un minuto para expor a súa postura sobre a actualidade política.
Eu son combativa, pero como moderadora hei de apostar por dar quenda a todos os interlocutores [opinou sobre o programa]. Teño moi claro que cando este programa acabe seguirei co meu camiño. Eu considérome unha redactora, con todo o que iso supón. Teño claro que isto é unha época da miña vida, e por iso vou gozalo. Son das persoas que dá todo cando está metida nun proxecto profesional.[1]
Desde setembro de 2009 presenta o espazo Los desayunos de TVE en substitución de Pepa Bueno.[2] Este espazo conseguiu unha grande aceptación entre o público conseguindo ser líder da súa franxa horaria en outubro de 2010. Outras colaboracións inclúen a presentación de Informe semanal xunto con outros xornalistas da empresa e a participación no programa vespertino Asuntos Propios de RNE, presentado por Toni Garrido.
O 15 de marzo de 2011 realizou unha entrevista ao presidente iraniano Mahmoud Ahmadinejad, que orixinou un grande interese, e que estivo tamén acompañada de certa polémica xa que o veo que cubría á xornalista escorregou sobre os seus ombreiros sen que esta se decatase, polo que o seu pelo quedou ao descuberto durante o resto da entrevista.[3] Pola devandita entrevista, o seu nome causou gran balbordo en Internet e nas redes sociais, chegando ata a converterse en trending topic mundial en Twitter.
O 12 de agosto de 2011 o portavoz do Partido Popular Ramón Moreno arremete contra a xornalista, insinuando a posibilidade de despedila se o Partido Popular gañase as eleccións por realizar un traballo sesgado e non ser imparcial.[4] A partir destas declaracións xérase unha gran polémica, xa que a xornalista foi galardoada con varios premios nacionais pola súa imparcialidade, como o "Premio Liberdade de Expresión 2011" entregado pola Asociación de Prensa Nacional, candidata ao VII Premio Couso de liberdade de prensa e Premio Triángulo 2011.
O 4 de agosto de 2012, fíxose público o seu cesamento da dirección do programa Los desayunos de TVE. Desde RTVE argumentaron que lle ofreceron outro programa que ela rexeitou; con todo, a xornalista desmentiu tal proposta e declarou que a botaron "por facer xornalismo", e que non lle ofreceron nada concreto.[5]
CNN
editarEn setembro de 2012, faise pública a súa fichaxe pola CNN para presentar un programa de entrevistas a personalidades da política, a cultura e o deporte a nivel nacional e internacional que serán emitidas polas canles de CNN Internacional e CNN en Español.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 FórmulaTV.com, ed. (19 de setembro de 2006). "Ana Pastor debuta como presentadora de '59 segundos'.".
- ↑ FórmulaTV.com, ed. (3 de xullo de 2009). "Ana Pastor conducirá 'Los desayunos de TVE' a partir de setembro".
- ↑ FórmulaTV.com, ed. (15 de marzo de 2011). "Ana Pastor termina sen veo islámico a súa tensa entrevista a Mahmoud Ahmadinejad". Consultado o 15 de marzo de 2011.
- ↑ "Noticias Que: O PP insinúa o despedimento de Ana Pastor". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 02 de xullo de 2012.
- ↑ El País, ed. (4 de agosto de 2012). "Ana Pastor: “Destitúenme por facer xornalismo”". Consultado o 10 de setembro de 2012.
- ↑ El País (ed.). "CNN ficha a Ana Pastor". Consultado o 16 de setembro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Pastor García |