Pepa Bueno
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
María José Bueno Márquez, máis coñecida como Pepa Bueno, nada en Badaxoz en 1964, é unha xornalista española, presentadora de televisión e radio.
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María José Bueno Márquez ![]() 25 de xaneiro de 1963 ![]() Badaxoz, España ![]() |
Directora El País | |
2021 – ![]() | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Raça Mediterrânea (pt) ![]() ![]() |
Educación | Facultade de Ciencias da Información - Q67146338 ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | locutor, empresario de medios, presentadora de novas, escritora, presentadora de televisión, xornalista, director de televisión ![]() |
Período de actividade | 1987 ![]() |
Empregador | Mediaset España (2014–2015) Grupo PRISA (2012–) RTVE (1987–2012) ![]() |
Pseudónimo literario | Pepa Bueno ![]() |
Familia | |
Fillos | Manuela ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarComeza a súa carreira profesional nos servizos informativos de Radio Nacional de España-Estremadura, de onde pasou, como xefa de informativos a RNE-Aragón, á vez que colabora co xornal Diario 16.
Tras pasar pola xefatura de informativos en Madrid da emisora de radio pública, en 1991 incorpórase a Televisión Española e, concretamente, ao seu Centro Territorial en Andalucía, onde presentou e dirixiu o informativo rexional. Máis tarde fixo o propio no Centro Territorial de Madrid.
En setembro de 1996 asume a subdirección e copresentación, xunto a Jose Toledo, do programa de actualidade Gente. Durante case oito anos aparece diariamente na pequena pantalla, dando noticia da crónica de sucesos acaecida no país.
Tras o nomeamento de Fran Llorente como director dos servizos informativos de TVE, é seleccionada para substituír a Luis Mariñas no programa diario de entrevistas e actualidade política Los desayunos de TVE,[1] labor que desempeñou entre 2004 e 2009. Entre marzo e xuño de 2008, ademais, conduciu o magacín matinal Esta mañana na mesma cadea.[2]
Ocasionalmente escribe artigos de opinión en El Periódico de Catalunya.
Colabora activamente coa Asociación Escola para Todas, un ente sen ánimo de lucro e cuxo principal obxectivo céntrase na escolarización de nenas en Camboxa. Pepa Bueno é embaixadora de Escola para Todas de Marie Claire.[3]
En setembro de 2009 fíxose cargo da segunda edición do Telediario en TVE, en substitución de Lorenzo Milá.[4]
A partir do 2 de setembro de 2012 presenta xunto con Gemma Nierga o programa líder das mañás da radio española Hoy por hoy da Cadena SER.[5]
Premios
editar- La Sabina de Prata (1996), polo Club de Opinión La Sabina de Zaragoza.
- Micrófono de Oro (2008), por Los desayunos de TVE.
- Medalla de Estremadura (2009)
- Premio Francisco Cerecedo de Periodismo (2010), da Asociación de Periodistas Europeos.
Notas
editar- ↑ ABC (13 de xullo de 2004). "Pepa Bueno sustituye a Luis Mariñas en "Los Desayunos de TVE"".
- ↑ El Diario de Córdoba (24 de marzo de 2008). "Pepa Bueno debuta no novo magacín 'Esta mañana'". Consultado o 29 de marzo de 2016.
- ↑ rtve.es (16 de outubro de 2009). "Pepa Bueno, embajadora de "Escuela para todas", un proyecto solidario en Camboya".
- ↑ rtve.es (10 de xuño de 2009). "Pepa Bueno presentará el Telediario 2; Lorenzo Milá, nuevo corresponsal en Washington".
- ↑ Cinco Días (16 de xuño de 2012). "Pepa Bueno y Gemma Nierga presentarán el 'Hoy por Hoy' de la SER".